San Andres de Teixido
Despois do pasado fin de semana polos Picos de Europa, este tocou ir ata San André de Teixido, nós preferimos ir de vivos e non de mortos. A idea era facer o camiño a través da Capelada iniciándoo no Campo do Hospital, pero debido á néboa que se observaba na Capelada optamos por realizar a senda dous Peiraos.
Esta comenza no Castelo da Concepción antiga fortaleza militar de 1747, un continuo ascenso para pasar pola Ermida de San Antón de Corveiro, onde en verán se realiza a “xira campestre”, dende aquí divisamos a entrada á Ría de Cedeira, punta Frouxeira e cabo Prior, seguimos a senda e chegamos ata a garita do Vilar, a 378 metros de altura, facemos un pequeno descanso e aproveitamos para sacar unha foto o grupo de rapazas que hoxe son maioría, descendemos ata o Miradoiro de boca de Tarroiba, onde vemos a un lado Cedeira, e de fronte San Andrés e os acantilados da Serra da Capelada, seguimos a senda costeira, realizamos outro pequeno descanso e chegamos ata o Miradoiro de Cortes, dende aquí xa só quédanos descender polo camiño antigo pasando ao lado dos “amilladoiros”, pilas de pedras depositada polos romeiros. Finalmente chegamos a San Andrés, onde despois de repoñer forzas, e cada un realizar as visitas e compras oportunas volta para As Pontes.
Deixa unha resposta