Saída polos Alpes
A nosa socia Salomé acercouse os Alpes para facer unha excursión par disfrutar duns paraxes expectaculares.
O 29/7 sobre as 16:30 h. partia cara Chamonix-Alpes Franceses- para chegar ó dia seguinte ó mediodía. No camping xa nos recibiu o Glacier de Bossons, un avance de tódalas fermosuras que nos esperaban para disfrutar delas e tamén podiamos ver a subida ó Mont Blanc pola cara normal, que é a que fai a maioria da xente. Alternamos rutas de montaña con rutas turísticas e sendeiros para poder ver un pouco de todo:
Fixemos o Aguille du Tour Alt-3546m. Dômes de Miage Alt – 3670m. Estas dúas subidas moi montañeiras cresteando, pasando por glaciares e subida con trepada.
Croix de Fer Alt-2343m con una senda aérea moi bonita.
Outro día subimos ó Lac Blanc Alt 2352m e ó Lac du Brévent 2525m, dende aquí tirábanse os de parapente.
Glacier de Mer de Glace ( aquí baixamos ata a cova de xeo que está excavada no glaciar).
Glacier de Argentière impresionante.
Aiguille du Midi en teleférico ( soamente a subida xa merece a pena e pódese ampliar a ruta ata a parte italiana collendo outro teleférico cunhas vistas a todo o macizo impresionantes).
Tamén visitamos as vilas medievais de Ainnsa, ,coñecida como a pequena Venecia Alpina e a vila italiana de Aossta, para chegar a esta última hai que pasar o túnel do Mont Blanc.
Foron uns días inolvidables pois cada día fixeras o que fixeras sempre había algo que te sorprendia.
Quedaron moitas cousas pendentes de facer e de ver, unha delas o Mont Blanc por non atopar praza no refuxio así que un motivo máis para volver.
Deixa unha resposta