Ruta PRG-147
Ano homologación: | 2011 | Punto de Partida: Chegada: |
Parque do Eume na Fraga Parque do Eume na Fraga UTM: 29T X:593575 Y:4811270 |
|
|||
Lugar: | Concello de As Pontes |
Servicios: | Concello de As Pontes |
|
|||
Accesos: | Dende Ferrol AG 64 – AC 861 Dende Villalba AG64 – AC 861 Dende Ortigueira AC 101 Dende Pontedeume AC 564 Dentro do casco urban e preciso chegar ó Parque da Fraga (Pavillón Polideportivo) |
Puntos de interés: | O lago, Capela do Carme, Ponte dos Ferros, Ponte Isabel II, Area recreativa do Caneiro, Fervenzas de Somede, Fervenzas de Bermui, Ponte Romana. |
|
|||
Mais info: | Concello de As Pontes Parque Municipal S/N, 15320 As Pontes Telf: 981 453 116 |
Turismoaspontes.com | |
|
|||
Club Montaña O Caxado Brixeo, Nº15, 15320 As Pontes Telf: 681 365 713 |
Clubmontañacaxado.es | ||
|
|||
Nota: |
Resaltar que a seguridade do sendeiro varía en función da época do ano e das condicións meteorolóxicas. Co chan mollado as superficies rocosas son moi resbaladizas, sendo necesario extremar as precaucións. |
||
|
|||
Breve descripción: |
O sendeiro é circular de 19km, de dificultade media debido ás continuas rampas de subida e baixada, aptas para calquera persoa. Parte na ponte de madeira no Parque do Eume (a Fraga), río arriba pola marxe esquerda. Ós 600m podemos contemplar unha antiga planta de luz e un pouco maís arriba encontramos unha área de lecer (ribeira nova). Atravesaremos a presa da Ribeira para continuar pola marxe dereita do embalse, onde nos adentraremos nunha fraga atlántica con boas vistas e inmellorables paisaxes, para contemplar unha pequena cascada no rego dos Porcos. Despois dunhas fermosas vistas do embalse, chegaremos á zona denominada o Chao do Habanero, onde observaremos un perfecto meandro e unha bifurcación do embalse. Na zona de Vilarbó, lugar de campamentos de verán, deíxase de lado o embalse para adentrarnos no corazón das fragas do Lostegal, onde debemos enfrentarnos a unha subida pronunciada, con firme en mal estado. (Chegando ó alto do lostegal atoparémonos unha posible variante da ruta, con marcas azuis no seu percorrido). Continuando o noso camiño chegamos ó lugar da Meda, o cal accederemos mediante un paso estreito construido para evitar a saída e entrada dos animais. Levaremos de compañeiro ó parque eólico durante 1’5km, o cal abandonaremos para comezar o descenso cara o pobo. Xa dende o alto da carballeira podemos contemplar unha fantástica vista do pobo, do lago e da industrialización que ten esta vila. Sendeiro abaixo, chegamos ó barrio da Cuiña, no cal indícanos que estamos a 400m do remate desta andadura, o Parque do Eume. |
||
|
|||
Prensa escrita: | 6 de Xullo de 2009 – “La Voz De Galicia” | ||
27 de Novembro de 2015 – “ABC” |
![]() |
|
PERFIL DA RUTA
FOTOGRAFÍAS DA RUTA