II proba copa galega de escalada en bloque
CLUB MONTAÑA O CAXADO informa:
Que, moi ao noso pesar, QUEDA SUSPENDIDA DEFINITIVAMENTE a II Proba do Campionato Galego de Escalada.
Dende este club tramitouse todo o necesario para poder realizar esta proba na nosa localidade. Fíxose solicitude a asamblea da FGM no mes de Decembro do ano 2015, onde se nos concedía a 2ª proba da Copa de escalada en bloque, a cal se comezou a preparar con toda a nosa ilusión e esforzo para o seu bo término.
A propia Federación edita un cartel coas dúas datas para as probas deste ano, correspondendo a este Club o día 27 de Agosto. Unha vez todo organizado e á falta dun mes, a FGM comunícanos que é necesario modificar dita data posto que o día previsto non conta con técnicos/as suficientes para montar a instalación necesaria (mes de vacacións). Acéptase e aprobase a proposta de trasladala ao día 10 de Setembro, xestionando novamente os permisos e trámites pertinentes. A 12 días da proba, contactamos novamente coa FGM para iniciar a posta en marcha da competición, comunicando ésta que a proba deberá ser novamente aplazada por existir outras competicións o mesmo día noutra comunidade así como unhas xornadas noutra provincia.
Polos motivos que se expoñen, este Club toma a decisión, coas consecuencias que supón, de ANULAR dita competición, tanto nas datas previstas como en datas próximas, renunciando así definitivamente a dito evento.
Deixa unha resposta