Andaina, Carreira, Escalada
Andaina
Esta fin de semana o club de Montaña O Caxado diversificou os seus intregrantes según as disciplinas escollidas polos usuarios.
O domingo sobre as 9:30h partian mais de medio cento de camiñantes para completar o percorrido entre O Cebreiro e Triacastela, a primeira etapa do camino de Santiago en terras galegas, con frio, neve e xeo nos primeiros km, partian rompendo a neve que cubria todo o camiño, incluso tapando os mojons instalados para indicar a dirección correcta. Despois de votar unhas risas e incluso xogar un pouco coa neve chegamos o Alto do Poio. Onde coincidimos cun grupo de peregrinos que estaban alí a tomar un pequeno aperitivo, onde aproveitamos nos tamen para repoñer forzas, sen parar moito pois ainda que o sol acompañou toda a xornada, neste punto debido as nevadas fai frio. Partimos polo camiño cuberto de neve e con dificultades debido os socavón que se forman na neve polos ríos de auga na parte baixa a causa do deshielo, ata ir abandoando a neve para poder contemplar o verde dos campos que nos ensina o camino, para chegar a Triacastela sobre o medio día, reponer folgos cun bon xantar, e regreso a casa.
Carreiras por Montaña
Por outra banda un grupo de afeccionados as carreiras de montaña do club desprazaronse ata terras de Couzadoiro (Ortigueira) para participar no I trail de Couzadoiro e no que nos comentan que foi un trail duro pero divertivo, moi agradecidos a organización do evento e os voluntarios polas palabras de gratificiación e animo para continuar na carreira.
Desexamos felicitar a todos os particpantes; ainda que especial os que subiron o podio Miguel Vilaboy 2º na xeral e 1º da sua categoría. E a J. Antonio Tembras (chufi) 3º na sua categoría.
Escalada
Os escaladores decidiron acercase un día mais o rocódromo da Malata para seguir practicando a disciplina que mais lles apasiona nunha instalación controlada e con seguridade, ainda que o tempo xa acompaña para poder practicala nas rochas o aire libre.
Fotos no apartado do club
Deixa unha resposta