8 Andaina Bisbarra do Sar
Amig@s andareg@s:
Achegamonos a 8ª edición da Andaina Bisbarra do SAR e como sempre as TERRAS de IRIA e o río SAR volven a ser os protagonistas dun percorrido novamente modificado (18 Km inéditos) e dividido en 2 aneis, que se poderá facer de 2 modos: camiñando ou correndo. Mantemos os prezos de inscrición do derradeiro ano e ademais, co pulo de popularizar a proba, os menores de 15 anos que se anoten antes do 28 de Febreiro non terán que pagar. Esta organización e sabedora de que, afortunadamente, cada vez maís xente nova e polo tanto fisicamente mellor preparada, participa neste tipo de probas. Por iso ofertamos a posibilidade de facer o percorrido correndo – sin ningún tipo de retención-, pero imos ser moi estrictos cos participantes que troten ou corran na modalidade de “Camiñando”.
Queremos recordar que o próximo dia 20 finaliza o prazo para apuntarse a Padrón cun custo de 10 ou 13 euros de inscrición, a partir do devandito día o custo será de 17 euros para todos/as que desexen asistir, o que desexe pagar no club pódeo realizar o próximo martes 17 de marzo.
Deixa unha resposta