Cares – Covandonga
O Club de montaña O Caxado organizou a pasada fin de semana unha saída a Picos de Europa, foron 45 socios os que se desprazaron a terras Asturianas. Así o sábado durante toda a xornada fixeron a ruta con mais visitas de España, A Senda do Cares despois de contemplar uns paraxes expectaculares e fermosos e dun paseo de case 6 horas, lograron completar os 24 km que separa a Poncebos – Caín – Poncebos. Tocou repoñer forzas e descansar pola noite na localidade de Cangas de Onís, na xornada do Domingo tocou facer unha ruta para unir os Lagos de Covandonga ,o Enol e mais o Ercina, un día con moita calor e moi despexado algo non moi frecuente neste tempo por eses lugares, parada para facer a visita a Virxe de Covadonga e retirada para a casa.
Por outro lado a Copa galega de Andainas dos 50km continuaba por eso outra representación do club desprazouse a Santiago para facer o percorrido destinado a andaina.
Tamén tivemos representación do Trail Challenge de Quiroga.
Fin de semana repleta de eventos e con representación por parte do club.
Deixa unha resposta