Arquivos mensuais: Decembro 2014
SAN SILVESTRE POR ARANGA
O sábado día 27 de decembro varios membros do club achegáronse ata La Castellana, no Concello de Aranga, para despedir o ano camiñando pola ruta do río Cambas afluente do Mandeo. Este evento non competitivo que se organizaba sen ningún tipo de ánimo de lucro, só coa intención de fomentar o deporte o aire libre, organizado por San Silvestre Aranga On Move logrou reunir un gran número de corredores e andarines, Os cales puideron gozar dunha maña estupenda coñecendo paisaxes espectaculares, tan preto da casa.
Despois de pasar pola Fervenza de “Castro Rodicio” continuamos polo medio dunhas fragas as cales escondían outra Fervenza “Rego da Palanca” a cal nos sorprendeu pola súa espectacularidade.
Xa de volta no pavillón disfrutamos dunha comida de confraternidade, comentando a experiencia vivida en ditas terras, tentando buscar outro día para poder ver outra vez o apaixoante do paisaxe.
Fotos no apartado de FOTOS.