Saída pola Costa Artabra

Despois de leer as verbas do amigo (Pol) na pasada crónica en relación a saída de Pirineos atrevémonos a seguir relatando as nosas saídas, aínda que con moito traballo para tentar acercarnos a tan bo traballo.

Este domingo volvemos percorrer unha parte da Costa Artabra, iniciamos o percorrido ascendendo ás antigas baterías costeiras emprazadas no Alto de Campelo, e desmanteladas nos anos 40.
Estas baterías formaban parte do dispositivo de defensa ante un posible ataque naval a Ferrol e estaba formado por un total de catro baterías costeiras instaladas en Campelo (Valdoviño), Cabo Prior, Cabo Prioriño e o monte de San Pedro, na Coruña.
Cada unha delas constaba de dous canóns de 38,1 centímetros de diámetro, e de case 18 metros de lonxitude, catro de 15,24 e outros catro canóns antiaéreos de 10,5 centímetros.
Os elementos de maior tamaño, tiñan un alcance de 35 quilómetros
A base naval de Ferrol estaba defendida, desta forma, pola maior concentración artilleira da época.

Despois de gozar das magníficas vistas da costa de Valdoviño a Cabo Prior, dende o Alto dá Vela, iniciamos o descenso cara á praia de Campello onde se inicia a senda costeira,  nesta ocasión optamos por subir polo Couto dás Penas, na baixada desviámonos ata a Pena Molexa que é un penedo granítico formado por varias rochas de gran tamaño. A rocha principal parece estar colocada, encaixada, entre as outras, apuntando o lugar polo que cada 19 anos sae a lúa chea no solsticio de verán Casualidade natural ou colocación artificial da Idade de Bronce?

De volta o camiño continuamos cara o miradoiro Alto dá Lagoa(309 m), despois de contemplar as vistas baixamos ata un piñeiral o lado da praia de Ponzos, onde repoñemos forzas para continuaro co camiño, máis adiante quedan os restos dun lavadoiro dunha mina de ouro situada a uns centos de metros cara o interior, hoxe non visible.
Chegamos á praia de Santa Comba onde hai unha ermida situada na pequena illa de Santa Comba
Atravesamos a praia e dirixímonos ata Cabo Prior onde está situado un faro aínda en activo, e outro emprazamento de baterías costeiras tamén desmanteladas como as de Campelo. Despois dun
anaco descansando, gozando da paisaxe, do sol en voa compaña volta para As Pontes, con parada para hidratarse.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Por favor, introduza o valor correcto. *

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimiento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche no enlace para maior información.

ACEPTAR
Aviso de cookies