Ruta PR-G 203


Ruta rematada, completamente apta para poder desfrutar dunha paraxe expectacular cerca do pobo
Ano homologación: 2016 Punto de Partida:
Chegada:
Ponte dos Ferros
Muiño de Alende

Lugar: Concello de
As Pontes
Servicios: Concello de As Pontes

Accesos: Dende Ferrol AG 64 – AC 861
Dende Villalba AG64 – AC 861
Dende Ortigueira AC 101
Dende Pontedeume AC 564
Puntos de interés: O lago, Capela do Carme, Ponte dos Ferros,
Ponte Isabel II, Area recreativa do Caneiro,
Fervenzas de Somede, Fervenzas de Bermui,
Ponte Romana.

Mais info: Concello de As Pontes
Parque Municipal S/N, 15320
As Pontes
Telf: 981 453 116
Turismoaspontes.com

Club Montaña O Caxado
Brixeo, Nº15, 15320
As Pontes
Telf: 681 365 713
Clubmontañacaxado.es

Nota:

A ruta en época de enchentes, pode ter tramos anagados que imposibiliten a seu paso, rogamos precaución durante o transcurso da mesma.


Breve descripción:

Esta senda da comezo nun espazo urbanizado, pero de especial encanto por ser o casco histórico do pobo. Na parte esquerda da ponte dos Ferros (Ano 1376), con dirección ao paseo que hai ao carón do río Eume detrás da igrexa de Santa María (S.XVI), para atravesar unha das pontes emblemáticas do municipio, a Ponte de Isabel II (Ano 1862). Continuando pola marxe esquerda río arriba chegamos ao lugar chamado A Cuiña, o cal da entrada a unha fraga atlántica de ribeira durante un bo anaco da nosa caminata, onde poderemos desfrutar dunha gran variedade de fauna propiamente autóctona. Continuando o percorrido chegamos a parte máis abrupta da ruta na que nos atoparemos con un panorama industrial de gran envergadura como é a muralla do encoro da Ribeira, a cal teremos que atravesar para comezar o descenso do río contemplando unhas das planta de luz máis antigas da vila e un área lecer (a ribeira Nova).

Seguiremos río abaixo ata pasar ao carón do muíño de prieto, xa no Parque do Eume, un espazo de gran natureza que quere gañar importancia frente ás urbanizacións que prentenden ocultalo.

Un pouco máis abaixo teremos que pasar por debaixo de dúas grandes pontes para poder facer o percorrido o máis próximo á beira da auga, para chegar case o remate onde poderemos contemplar unha gran construcción como e o muíño de Alende (Ano 1805) onde se pode leer uns paneis coa fauna e flora máis cotiá de todo o percorrido.


Prensa escrita: 2 Octubre 2016 – “Senda da Ribeira” PR-G 203 (Progreso)
3 Octubre 2016 – “Senda da Ribeira” PR-G 203 (Amigus)

 


Mide y Perfil
DATOS DE DESCARGA
Track kml-kmz
Track gpx
Mapa
Triptico senda
(Ver)
(Descargar)
Perfil
Track wikiloc

PERFIL DA RUTA


 

Perfil google earth


FOTOGRAFÍAS DA RUTA


LOGOS_PRG