Ruta PRG-147

Ruta remarcada de novo, apta para poder desfrutar de todo o seu explendor, en paraxes únicos
Ano homologación: 2011 Punto de Partida:
Chegada:
Parque do Eume na Fraga
Parque do Eume na Fraga
UTM: 29T   X:593575   Y:4811270

Lugar: Concello de
As Pontes
Servicios: Concello de As Pontes

Accesos: Dende Ferrol AG 64 – AC 861
Dende Villalba AG64 – AC 861
Dende Ortigueira AC 101
Dende Pontedeume AC 564
Dentro do casco urban e
preciso chegar ó Parque da Fraga

(Pavillón Polideportivo)
Puntos de interés: O lago, Capela do Carme, Ponte dos Ferros,
Ponte Isabel II, Area recreativa do Caneiro,
Fervenzas de Somede, Fervenzas de Bermui,
Ponte Romana.

Mais info: Concello de As Pontes
Parque Municipal S/N, 15320
As Pontes
Telf: 981 453 116
Turismoaspontes.com

Club Montaña O Caxado
Brixeo, Nº15, 15320
As Pontes
Telf: 681 365 713
Clubmontañacaxado.es

Nota:

Resaltar que a seguridade do sendeiro varía en función da época do ano e das condicións meteorolóxicas. Co chan mollado as superficies rocosas son moi resbaladizas, sendo necesario extremar as precaucións.


Breve descripción:

O sendeiro é circular de 19km, de dificultade media debido ás continuas rampas de subida e baixada, aptas para calquera persoa.

Parte na ponte de madeira no Parque do Eume (a Fraga), río arriba pola marxe esquerda. Ós 600m podemos contemplar unha antiga planta de luz e un pouco maís arriba encontramos unha área de lecer (ribeira nova). Atravesaremos a presa da Ribeira para continuar pola marxe dereita do embalse, onde nos adentraremos nunha fraga atlántica con boas vistas e inmellorables paisaxes, para contemplar unha pequena cascada no rego dos Porcos. Despois dunhas fermosas vistas do embalse, chegaremos á zona denominada o Chao do Habanero, onde observaremos un perfecto meandro e unha bifurcación do embalse.

Na zona de Vilarbó, lugar de campamentos de verán, deíxase de lado o embalse para adentrarnos no corazón das fragas do Lostegal, onde debemos enfrentarnos a unha subida pronunciada, con firme en mal estado. (Chegando ó alto do lostegal atoparémonos unha posible variante da ruta, con marcas azuis no seu percorrido). Continuando o noso camiño chegamos ó lugar da Meda, o cal accederemos mediante un paso estreito construido para evitar a saída e entrada dos animais. Levaremos de compañeiro ó parque eólico durante 1’5km, o cal abandonaremos para comezar o descenso cara o pobo. Xa dende o alto da carballeira podemos contemplar unha fantástica vista do pobo, do lago e da industrialización que ten esta vila. Sendeiro abaixo, chegamos ó barrio da Cuiña, no cal indícanos que estamos a 400m do remate desta andadura, o Parque do Eume.


Prensa escrita: 6 de Xullo de 2009 – “La Voz De Galicia”
27 de Novembro de 2015 – “ABC”

 


perfil reseñas  pr-g147
DATOS DE DESCARGA
Track kml-kmz
Track gpx
Mapa
Triptico senda
(Ver)
(Descargar)
Perfil
Track wikiloc

PERFIL DA RUTA


 

perfil earth prg 147


FOTOGRAFÍAS DA RUTA