RUTA DO GALLOL

            Este domingo  o club tivo dobre actividade por unha banda parte do equipo de trail desprazaronse  a Mugardos  onde se celebrou  o III trail de Montefaro  e outra parte desprazámonos a o  municipio da Fonsagrada a realizar a ruta do Gallol e parte da de Pena de Guimara  que se atopa no Espazo Natural de Carballido, incluído dentro da Rede Natura e declarado Reserva da Biosfera pola UNESCO, que conserva unha das mellores formacións de bosque atlántico galego, con numerosos tipos de árbores e arbustos, algúns pouco comúns no resto de galicia.

            Iniciamos a Ruta do  Gallol  na  escola  de Vilardíaz hoxe abandonada, enseguida chegamos a un pequeno nucleo de casas onde destaca o horreo de teito da casa rural Vila Seberina, ao pouco iniciamos unha baixada que nos leva a o  primeiro souto ,nos atopamos  coa Ponte do Beltrán, onde se unen o rio Rodil  e o Pontigón atravesamos a ponte e despois dunha forte subida chegamos a Vilarxubín,  pequena  aldea abandona onde aproveitamos para comer  beber algo e facernos unha foto de grupo, descendemos por un souto onde hai restos de corripas , saímos a un camiño amplo que vai coroando , iniciamos unha forte baixada por un souto  e á nosa esquerda queda o pobo abandonado de Vilarin de Castelo , chegamos de novo ao rio Robil e a súa unión co Pontigón, decidimos non subir a ver os muiños de Parada, atravesamos a ponte do Castelo e iniciamos outra forte subida cara ao Castro do Castelo, continuamos subindo ata chegar ao lugar  onde a ruta semicircular do Gallol acaba e únese coa circular de Pena Guimara. Aquí unha parte do grupo opta por continuar polo souto cara a Vilardíaz  e o outro grupo baixa ata o rio Veiga de Lagares, ao pouco de comezar a remontar o rio e tras pasar duas corripas chegamos ás ruínas de dous antigos muíños, continuamos polo lado do rio pasando por estreitos pasos entre rocas e un pequeno souto onde se atopan unha serie de covas escavadas pola auga na roca calcaria, chegamos novamente ao punto de inicio onde agardaba a outra parte do grupo que realizara 4 km menos. A ruta é preciosa, sobre todo nesta  época do ano e altamente recomendable.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Por favor, introduza o valor correcto. *

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimiento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche no enlace para maior información.

ACEPTAR
Aviso de cookies