Camiño dos FAROS

Este domingo realizamos la primera de las ocho etapas en que se divide. Esta ruta tiene  una historia muy especial, ha sido desarrollada de forma totalmente desinteresada por un grupo de amigos que querían conectar con una senda al borde del mar, Malpica con Finisterre. Estos Trasnos después de  un gran trabajo y esfuerzo, han conseguido dar a conocer y promocionar tanto a nivel nacional como internacional la belleza de la Costa da Morte.

La etapa discurre prácticamente en todo su recorrido pegada al mar pasando por hermosas playas, acantilados con espectaculares miradores, sin perder de vista las Islas Sisargas y el faro de la Sisarga Grande, el  primero de los faros del Camino.

El pequeño grupo inicial de Trasnos hoy son multitud y se agrupa en la Asociación O Camiño dos Faros, con un único fin: que O Camiño dos Faros exista y perviva en el tiempo, tal como lo diseñaron los trasnos, y lo haga mucha gente con el máximo respeto a la naturaleza.

Fervenza das Painceiras

O domingo pasado saímos dende Vila para facer outro percorrido por una das parroquias pontesas, desta volta Ribadeume e Bermuy, concretamente para visitar as denominadas Fervenzas das Painceiras, aproveitando esta época do ano na cal levan una cantidade de auga importante, e así desfrutar do seu explendor.

Saímos un grupo desafiando o choiva, a cal permiteu una tregua despois da metade do percorrido. Despois de pasar por vila e chegar o carón do río Eume xusto detrás do parque de carbóns de Endesa o camino levanos río abaixo durante uns 8km ensinandonos o seu percorrido así como a cantidade de maleza que arrastra debido as grandes choivas sufridas nos últimos días.  Despois de disfrutar do río tocou contemplar as denominadas Fervenzas das Painceiras así como os seus muiños, neste punto abandonamos os regos para coller rumbo o pobo polas pistas da parcelaria, ata o lugar de Pena de traste onde decidimos voltar polo mesmo camino que xa fixeramos.

Unha fermosa ruta de domingo en boa compañía, desfrutando da natureza. 

Deixamos aquí o enlace das fotos

https://clubmontanacaxado.smugmug.com/organize/Parroquias-As-Pontes-Santa-Maria/Ruta-das-Painceiras-Bermuy/Ruta-Painceiras

Coñecendo as Parroquias

 

Este domingo realizamos a andaina polo noso Concello co  fin de ir coñecendo lugares das parroquias, de gran beleza paisaxística e pouco coñecidos. Nesta ocasión recorremos parte da parroquia de Santa María. Saímos do pavillón polideportivo cara a Cuveliña, desviámonos e tomamos unha antiga corredoira que nos leva ao lugar de Pontoibo. Continuamos subindo á cota máis alta do recorrido, Monte de San Vicente, dende donde se contemplan unhas magníficas vistas do pono, lago e montes cercáns.

A pouco de pasar a plantación de arándanos, iniciamos a baixada hacia o Rego de Covelos onde se encontra o antiguo Muíño do Brixeo, cruzamos a estrada de Ortigueira hacia os Alimpadoiros vadeando o pequeno Rego do Brixeo. Remontamos o Rego da Ponte da Pedra hasta a entrada do túnel, onde se canalizaban parte das augas da mina ata o Rio Eume. Desandamos parte do camiño pola marxen dereita do Rego da Ponte da Pedra,  tomamos a senda da Memoria ata A Casilla e pola nova senda da Areosa cheegamos ata a boca do canal. Por último, remontado o Eume finalizamos a andaina na Fraga.

 

Ruta por MURAS

Este domingo visitamos o Concello veciño de Muras para realizar unha ruta circular, que destaca pola cantidade de regos e corredoiras existentes.

Comezamos a andaina ao lado do Rio Eume, no Parque da Área recreativa de A Veiga. Cruzamos o Rego de Muras e vamos subindo ata o lugar de Guimaras dende onde baixamos ata o Rego das Ferreiras o cal remontamos ata una pequena fervenza, aproveitamos para facer unha foto de grupo,  retornamos un pequeno tramo polo sendeiro e subimos ata Bustelo, lugar de nacemento dun  socio.

Descendemos ata Casavella, onde tomamos unha corredoira que atravesa o Rego das Ferreiras. Na subida ao Serrón de Paraño encóntranse  unhas pequenas cruces de pedra, que indican os lugares onde paraban para descansar os portadores do ataúde nos enterros. Descendemos ata o Río Eume pasando ao lado da pequena capilla Da Virxen Do Rosario en Casateita. Ao pouco de pasar o Eume iniciamos a última subida á cota máis alta do recorrido, o Monte de Carracedo. Na baixada ata Muras cruzamos o Rego de Serrón é ao pouco chegamos ao Burgo (Santa María), finalizamos esta preciosa ruta na orilla do Rio Eume.

Fragas do Eume

Un ano máis cumplimos coa nosa cita otoñal co Parque Natural  Fragas do Eume, paraxe de gran beleza e exemplo do que foron os bosques que poboaron a maior parte do litoral galego.

Nesta ocasión iniciamos a andaina en Goente no lugar do Gallel, ascendemos ao alto de Fontardión. A nubosidade do día non nos permitiu ver as magníficas vistas do contorno. Continuamos ata o mirador de Teixido onde contempramos as espectaculares vistas do embalse e o cañón do río Eume .

Iniciamos a baixada ao corazón das fragas polo sendeiro que nos leva a antiga central de Ventureira, acompañados pola gran variedade cromática da flora e polo espectacular caudal do Rego de Teixido. Cruzado o Eume e pasado o Rego do Parrote iniciamos a subida en zig-zag ata Monfero, este tramo ata o lugar As Leguas forma parte do camiño do Medievo. No lugar de As Leguas antes de cruzar o Rego da Vaca desvíamonos para contemplar a fervenza e os restos de un antigo molino. Continuamos o camiño en ascenso ata coronar o Penedo Gordo, distinguimos ao lonxe a torre de Hércules,  Montefaro e o alto del Fontardión lugar onde comezamos a andaina. Por último descendemos ata A Ponte da Pedra en Monfero onde nos espera o bus.

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimiento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche no enlace para maior información.

ACEPTAR
Aviso de cookies