Monte Perdido

Paixón, sufrimento, superación, respeto, ledicia, medo, felicidade, compañeirismo, vexigas, sorrisos….e moito moito AGARIMO.

Con estas palabras, pódese resumir a experiencia vivida estes días.

O pasado 1 de Abril, saían de As Pontes rumbo a Torla (Huesca), un grupo de amig@s e veciñ@s do Clube de Montaña O Caxado para vivir e desfrutar  dunha nova e primeriza (en moitos casos persoais), aventura en alta montaña nunha paraxe sin igual nos Pirineos oscenses. Os integrantes de esta expedición foron 10 ponteses (Moisés, Elisa, Oscar C., Marqués, Jose S., Nacho, Mónica, Pol, Nahel e Tania), un ferrolano (Jose Leixa), un laxense (Julio) e máis unha cambadesa (Salomé). A mestura de veteranía e experiencia con xuventude e gañas, fixo de este grupo, un auténtico equipazo.

Tras a longa viaxe (12 hras) e posterior acomodo no Albergue Lucien Briet (moi recomendable),  desfrutaron dunha boa cea e aproveitaron para falares de qué se iba a facer ó día seguinte…

O xoves 2, tras; erguerse ás 7:00, desfrutar dun enerxético almorzo  e preparar tódolo necesario (para pasar 3 días na montaña: crampóns, piolets, raquetas de neve, casco, cordas, cintas, comida, roupa,…) no aparcamento do Centro de Visitantes de Torla; colleron o autobús que os levaría á Pradera de Ordesa, a 1.300m (en S.S e nos meses de verán está prohibido subir os coches particulares, polo que poñen buses cada 15 min). Empezan a camiñar ás 10:00 pola veira do río Arazas, de auga limpa e cristalina, e que, según se vai subindo, mostrache unha serie de fervenzas; dende a Fervenza de Arripas, pasando polas da Cova e a do Estreito nos primeiros km, ata as Gradas de Soaso (espectaculares), para rematares na Cola de Cabalo (chamada así pola súa forma na caída). E polas súas veiras e arredores, pódese disfrutar dunha poboada vexetación,; bosques de faias (hayas), abetos ou pinos. Tras unha tranquila subida de 9km disfrutando de todas esas maravillas, chégase ó Circo de Soaso a 1.800m, unha pradera rodeada de grandes paredes de caliza, e ca Fervenza da Cola de Cabalo ó lado esquerdo. Tras un tentempé, reiniciase a marcha trepando as Clavixas de Soaso (cadeas e agarradeiras de aceiro, empotrados na caliza), e tras superalas cas mochilas ó lombo, seguiron polo sendeiro que os levou ó Refuxio de Góriz (2.200m), no que farían vida nos próximos 3 días. Un refuxio fundado no 1.963, con 3 habitacións e varias liteiras, que dan acomodo a unhas 70 persoas; cun pequeno comedor, no que os rapaces do refuxio, ofrecían xentilmente as ceas e os desayunos. Non é o Casa Teresa, pero cómese moi ben jejejjejejee. Os compoñentes foron chegando pouco a pouco (16:00-16:20), e tras as primeiras mostras de ledicia e as felicitacións, acomodáronse nunha das habitacións e colocaron o material nas taquillas. Despois tomaron unhas cervexas e unhs kalimotxos mentras esperaban a cea e debatían sobre a xornada. Tras unha cea, que os revitalizou, e debatiron sobre a seguinte xornada; fóronse a durmir (uns máis que outros, porque como xa saberedes, nos refuxios hai moitas motos roncadoras jajjajaja).

Distancia: 12 km   Tiempo: 6 hrs   Desnivel: 900 m

O venres 3, e tras almorzar, inician (8:00) a marcha para intentares facer cumio no Monte Perdido (3.355m). Debido a que era moi cedo, e as baixas temperaturas da noite; deben de usar os crampóns dende a porta do refuxio para superar varias zoas de xeo. Tras subir un par de costas rompepernas, chegan ó Lago Xeado a 2.900m (10:50-11:50). Nese punto é onde tomarían a decisión de subir ou non. Tras debati-lo, deciden intentar facer cumio; a dificultade nesa zoa residía nas placas de xeo que había no último e temido tramo da ascensión, chamada A Escupidera (o nome dio todo). Nesa zoa, a parte dos crampóns, teñen que comezar a usar os piolets (un esbarón neses intres pode resultar fatídico). E tras unha agotadora ascensión, chegan ó cumio do Monte Perdido ás 14:00. Increíble momento de ledicia para os compoñentes do grupo. Tras disfrutar das vistas, capturalas cas súas cámaras e comer un pouco; desfan os seus pasos baixando de novo cara o lago, e despois ó refuxio, chegando ás 17:30. As caras de sufrimento, disimulábanse ca felicidade que os embargaba naqueles intres; para moitos, foi a cota máis alta na que estiveran. Tras cear, fóronse a durmir, esa noite pensó que non se enteraron dos ronquidos jejjejeje.

Distancia: 9km (ida y vuelta)   Tiempo: 9:30 hrs   Desnivel: 1.155 m

Sábado 4, tras erguerse e almorzar, e debido ó cansancio acumulado, o grupo divídese en dous, saíndo uns antes que outros.  Saen hacia o N, hacia o paso fronterizo con Francia. Pasan polos Llanos de Millaris, Cuello de Carabineros e a Gruta Xelada de Casteret; nese punto é onde se dividen os camiños, unhs van hacia a Brecha de Roland a 2.807m (paso fronterizo con Francia) e outros suben ó Morron dera Espluca a 2.773m. A volta ó refuxio discurre pola mesma paraxe, ainda que polas lomas opostas. Chegan ó refuxio ás 17:00. O cansancio fai mella, pero as caras de ledicia seguen de manifesto por estar disfrutando duns increíbles paraxes. Cean e a durmir

Distancia: 12 km (ida y vuelta)   Tiempo: 9 hrs   Desnivel: 600 m

Domingo 5, toca despedirse e iniciar a viaxe de volta. Saen ás 8:30 do refuxio hacia as clavixas. Tras descendelas, toman o sendeiro que os levará ata a pradera de Ordesa, para coller de novo o autobús que os levará ós seus coches. Ó seres domingo, o camino está cheo de visitantes, dende familias que levan os seus bebes nas mochilas ata unha parella de velliños que fan o camiño agarrados da man . Chegan a Torla, e desfrutan da comida nun dos seus restaurantes antes de iniciar o camiño de volta a As Pontes. Qué ancha se lles fixo Castilla desta vez jejejjeee.

 

Remata así, unha viaxe que seguro nunca olvidarán nas súas vidas.

Din que un sempre volta ós lugares onde foi feliz; así que espero que poidamos tod@s, voltares a ese maravilloso lugar.

O meu máis sincero agradecemento a tódol@s compoñentes desta expedición por esta inolvidable aventura; sodes tan grandes como a montaña.

 

Queremos darlle as gracias o amigo (Pol) por esta expectacular crónica dunha viaxe impresionante.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Por favor, introduza o valor correcto. *

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimiento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche no enlace para maior información.

ACEPTAR
Aviso de cookies