Saída polas parroquias

Saída polas parroquias

05 - 06 - 2019 Por Club de Montaña O Caxado 2019Sendeirismo
Saída polas parroquias

O paso fin de semana tocou saída por outra parroquia pontesa, pola cal discurre o río Maciñeira.  Case medio cento de integrantes do club saímos do lugar da Ferreira para dar un paseo pola orografía que discurre o transcurso do río Maciñeira.

Despois de comprobar nunha finca privada as formas creadas cunhas enorme pedras, comenzamos o descenso polo río Maciñeira moi preto do lugar da Azureira, por uns camiños cheos de verde a causa da estación na que estamos, para chegar a Porto do Liño onde despois de cruzar o alfalto voltamos a seguir río abaixo onde nos mostra os inumerables muiños cos que contaba este río fai uns cantos anos, continuamos disfrutando do paisaxe ata chegar o lugar do Raque e posteriormente a Maciñeira, onde desgraciadamente temos que rematar a ruta ata As Pontes por asfalto,  porque os terreos de Endesa están limitados o paso para chegar dende eses lugares ata o pobo.

COMPARTE: