Ruta por MURAS

Ruta por MURAS

04 - 02 - 2019 Por Club de Montaña O Caxado 2019Sendeirismo
Ruta por MURAS

Este domingo visitamos o Concello veciño de Muras para realizar unha ruta circular, que destaca pola cantidade de regos e corredoiras existentes.

Comezamos a andaina ao lado do Rio Eume, no Parque da Área recreativa de A Veiga. Cruzamos o Rego de Muras e vamos subindo ata o lugar de Guimaras dende onde baixamos ata o Rego das Ferreiras o cal remontamos ata una pequena fervenza, aproveitamos para facer unha foto de grupo,  retornamos un pequeno tramo polo sendeiro e subimos ata Bustelo, lugar de nacemento dun  socio.

Descendemos ata Casavella, onde tomamos unha corredoira que atravesa o Rego das Ferreiras. Na subida ao Serrón de Paraño encóntranse  unhas pequenas cruces de pedra, que indican os lugares onde paraban para descansar os portadores do ataúde nos enterros. Descendemos ata o Río Eume pasando ao lado da pequena capilla Da Virxen Do Rosario en Casateita. Ao pouco de pasar o Eume iniciamos a última subida á cota máis alta do recorrido, o Monte de Carracedo. Na baixada ata Muras cruzamos o Rego de Serrón é ao pouco chegamos ao Burgo (Santa María), finalizamos esta preciosa ruta na orilla do Rio Eume.

COMPARTE: