Fragas do Eume

Un ano máis cumplimos coa nosa cita otoñal co Parque Natural Fragas do Eume, paraxe de gran beleza e exemplo do que foron os bosques que poboaron a maior parte do litoral galego.
Nesta ocasión iniciamos a andaina en Goente no lugar do Gallel, ascendemos ao alto de Fontardión. A nubosidade do día non nos permitiu ver as magníficas vistas do contorno. Continuamos ata o mirador de Teixido onde contempramos as espectaculares vistas do embalse e o cañón do río Eume .
Iniciamos a baixada ao corazón das fragas polo sendeiro que nos leva a antiga central de Ventureira, acompañados pola gran variedade cromática da flora e polo espectacular caudal do Rego de Teixido. Cruzado o Eume e pasado o Rego do Parrote iniciamos a subida en zig-zag ata Monfero, este tramo ata o lugar As Leguas forma parte do camiño do Medievo. No lugar de As Leguas antes de cruzar o Rego da Vaca desvíamonos para contemplar a fervenza e os restos de un antigo molino. Continuamos o camiño en ascenso ata coronar o Penedo Gordo, distinguimos ao lonxe a torre de Hércules, Montefaro e o alto del Fontardión lugar onde comezamos a andaina. Por último descendemos ata A Ponte da Pedra en Monfero onde nos espera o bus.