CRESTA REQUEXÓN-POYONES Y ESCALADA AL PORRU BOLU

Saimos de As Pontes, dous socios do club de montaña O Caxado, para chegas a Covadonga sobre as 21:00, hora á que se abre a estrada de acceso ós Lagos de Covandonga. 

Unha vez nos Lagos, tomamos o camiño que nos leva ó aparcamento de Pandecarmen, onde deixaremos o coche durante os tres días que votaremos en alta montaña. 

Preparamos o material e arrincamos en dirección ó refuxio de Vegarredonda, parando mais ou menos tras camiñar media hora nunha zona de pradera para preparar o vivac e pasar a noite.

Erguémonos cedo e seguimos o camiño en dirección ó refuxio de Vegarredonda ó que se chega de xeito sinxelo e rápido. Pasamos o refuxio novo e paramos no vello para recargar as reservas de auga. Continuamos ascendendo seguindo o camiño avistando en todo momento o Porru Bolu e a cresta de Os Argaos. Desviámonos para deixar o Porru Bolu á nosa esquerda e chegar á base do Requexón. Neste punto será no que aproveitemos para poñernos o casco, o arnés e demais material que nos fará falta para afrontar a cresta prevista como actividade para esta xornada. Unha cresta na que nos atoparemos con varios rapeles (un deles voado de 60 metros de lonxitude) e trepadas e destrepadas de grao de dificultade máximo III +. Tras abandonar a cresta tiñamos previsto vivaquear pola zona, nembargantes,

Partindo do refuxio vello ascendemos polo mesmo camiño que recollemos onte ata a base do Porru Bolu o cal sería o noso obxectivo de hoxe. Trátase dunha escalada de dous longos cunha dificultade máxima de IV a través dunha vía que non se atopa equipada agás algúns cravos instalados en fisuras da rocha. Tras o descenso do cumio, retomamos o camiño ata o aparcamento de Pandecarmen para coller o coche e voltar a As Pontes tras desfrutar de 3 días de boas actividades no macizo occidental de Picos de Europa.