ESPOLÓN OESTE A PEÑA UBIÑA

 

08/10/2021

 

Saimos de As Pontes, catro socios do club de montaña O Caxado, para chegas a Torrebarrio no concello de San Emiliano, onde buscaremos un lugar para vivaquear preto do inicio á aproximación ó espolón Oeste a Peña Ubiña. 

 

09/10/2021

 

Erguémonos cedo e pronto nos poñemos de camiño para facer a aproximación ó inicio do Espolón Oeste a Peña Ubiña. Esta aproximación faise a través dunha pista ancha sinxela de camiñar agás pola ganancia de altura. En aproximadamente unha hora chegamos ó inicio do espolón, onde aproveitamos para poñer o casco, o arnés e demais material que nos fará falta na longa xornada da actividade. Comezamos accedendo por unha canal facendo trepadas de grao máximo III+ ata chegar a un muro que nos obriga a asegurar o avance coas cordas. As cordas empregámola en dous muros que nos atopamos nesta zona para salvar as trepadas cunha dificultade de IV grao. Tras pasar estas dificultades seguimos ascendendo pola canal ata acadar a cresta pola que transitaremos ata chegar á cima. O avance en ocasións volvese errático, tendo que esquivar varios xendarmes por unha cara ou outra da cresta. Tras oito hora acadamos o cumio de Peña Ubiña, a cal descendemos polo acceso normal na cara sureste. De volta en Torrebarrio, recollemos o material empregado para voltar a As Pontes.