Coñecendo as Parroquias

Coñecendo as Parroquias

28 - 02 - 2019 Por Club de Montaña O Caxado 2019Sendeirismo
Coñecendo as Parroquias

Este domingo realizamos a andaina polo noso Concello co  fin de ir coñecendo lugares das parroquias, de gran beleza paisaxística e pouco coñecidos. Nesta ocasión recorremos parte da parroquia de Santa María. Saímos do pavillón polideportivo cara a Cuveliña, desviámonos e tomamos unha antiga corredoira que nos leva ao lugar de Pontoibo. Continuamos subindo á cota máis alta do recorrido, Monte de San Vicente, dende donde se contemplan unhas magníficas vistas do pono, lago e montes cercáns.

A pouco de pasar a plantación de arándanos, iniciamos a baixada hacia o Rego de Covelos onde se encontra o antiguo Muíño do Brixeo, cruzamos a estrada de Ortigueira hacia os Alimpadoiros vadeando o pequeno Rego do Brixeo. Remontamos o Rego da Ponte da Pedra hasta a entrada do túnel, onde se canalizaban parte das augas da mina ata o Rio Eume. Desandamos parte do camiño pola marxen dereita do Rego da Ponte da Pedra,  tomamos a senda da Memoria ata A Casilla e pola nova senda da Areosa cheegamos ata a boca do canal. Por último, remontado o Eume finalizamos a andaina na Fraga.

COMPARTE: