Club de Montaña O Caxado

Directiva

Rosendo Fornos Corral
Vogal
Beatriz Permuy Martínez
Vogal
Arturo Fornos Corral
Vogal
Segundo Corral Ferro
Vogal
José I. Diguele Parras
Vogal
Mª José Pico Tembrás
Vogal
Oscar Tomás Carballo Ledo
Vogal
Mª José Almeida Pita
Tesoureira
Miguel A. Fernández Rivera
Secretario
Manuel Doce Blanco
Vicepresidente
David Álvarez Rodríguez
Presidente

Historía

O club de montaña O Caxado é unha entidade moi xoven no noso concello posto que nace a finais do ano 2005, promovida pola inquietude de unirse para compartir unhas afeccións en pleno auxe na sociedade que nos rodea como é o senderismo.

A entidade nace enfocada á realización do montañismo, escalada, senderismo e btt, aínda que cunha maior aficción ao senderismo por parte dos socios, sendo na actualidade a disciplina cunha maior cantidade de afeccionados. Cumprindo o mínimo esixido pola federación para formar a xunta directiva: Jorge Rodríguez Borrajo, Manuel Doce Blanco, Daniel Purriños, Javier García Sanchez e Xoán Domínguez Cabaleiro, toman a iniciativa de poñerse ao frente do club e comenzar xunto cunha vintena de socios a facer camiñantas polos montes e camiños cercanos, tanto do pobo como doutros concellos durante as fins de semana (saídas de varios días para facer montañismo polas serras do Xistral así como por Ancares, Courel, Xures etc). Un grupo máis pequeno tamén practica a escalada nas vías existentes nas paredes da canteira do eume, tentando de ensinar a tod@s aqueles que desexan iniciarse en dita actividade.

Máis tarde muda parte da directiva pasando a dirixir o clube durante dous anos: Jesús Caaveiro, Arcadio Bello, Martín Blanco, etc…, durante os cales o club logrou poñer en marcha o proxecto da única ruta homologada do concello a PR-G 147, entre outras actividades de interese.

Pasados dous anos a xunta directiva volta a mudar e pasa a ser dirixida por: Óscar Tomás Carballo, José Seoane, Marta Meizoso, Jesús Caaveiro e Tania Caaveiro. Durante esta tempada o club logra consolidar a PR-G 147 pasando a poder desfrutar da mesma de varias maneiras: camiñando, correndo e incluso facendo un tramo da mesma en canoa autovaciable. Realiza tamén actividades para persoas de todas a idades, incluso colabora cos colexios do pobo ensinando aos rapaces os camiños dos arredores así como valorar o medio natural.

Cunha directiva renovada fai dous anos e gracias á labor feita durante o transcurso de vida do club, ésta consegue seguir sumando cada ano unha cantidade importante de socios e socias, tendo na actudalidade a cantidade de 182 socios/as, e 86 federados pola FEDME, nos cales se respalda para poder facer un calendario con case 50 actividades anuais, englobando todas as disciplinas coas que conta o club. Neste mesmo intre o senderismo é a actividade que leva o peso do mesmo, pola cantidade de participantes cos que conta nesta disciplina, posto que dita actividade non presisa dun equipamento especial nin dunha gran forma física e permítenos desfrutar dos valores etnográficos e culturais da zona na que se practica.

Faite Socio/a

A cuota de socio é vixente dende o 1 de Xaneiro ata o 31 de Decembro.

  1. Cota de socio: 30€ anuales
  2. Cota Familiar 1º membro: 30€ anuales
  3. Cota Familiar 2º membro: 15€ anuales
  4. Cota Familiar 3º membro: 0€ anuales

A partir de Setembro:

  1. Cota Familiar 1º membro: 12€ anuales
  2. Cota Familiar 2º membro: 6€ anuales

Beneficios

  • Tramitación das Licenzas federativas para as actividades do club.
  • Descontos en distintos establecementos colaboradores co club.
  • Prioridade no acceso as actividades organizadas polo club.
  • Mellores prezos, sobre os non socios, nas actividades do club.
  • Préstamo do material do Club (según o regramento).
  • Acceso o rocodromo da Malata (Ferrol), cumprindo uns requisitos.

7518

Eventos

3472

Socios

2184

KMS. Percorridos

13

Países

Colaboradores

Erika González Gayoso
Erika González Gayoso
Clínica Fisioterapia

Av. Ferrol, 7

Murallones
Murallones
Centro Sanitario

Calle Santiago Apóstol Nº:1 (esquina con Avenida de Galicia)

Matojoma
Matojoma
Aseguradora

Praza Hospital, 7, Piso 1-A,

Opticalia
Opticalia
Óptica

Av. Galicia, 49

Lecar 712
Lecar 712
Tienda deportes

Avenida del Ferrol nº 43-44

Carla Vázquez Puga
Carla Vázquez Puga
Psicóloga

Rúa Santiago Apóstol, Nº1

Dietética
Dietética
Dietética
Neumáticos Soledad
Neumáticos Soledad
Taller

Presa de Alende, 2