Historia

O club de montaña O Caxado é unha entidade moi xoven no noso concello posto que nace a finais do ano 2005, promovida pola inquietude de unirse para compartir unhas afeccións en pleno auxe na sociedade que nos rodea como é o senderismo

A entidade nace enfocada á realización do montañismo, escalada, senderismo e btt, aínda que cunha maior aficción ao senderismo por parte dos socios, sendo na actualidade a disciplina cunha maior cantidade de afeccionados. Cumprindo o mínimo esixido pola federación para formar a xunta directiva: Jorge Rodríguez Borrajo, Manuel Doce Blanco, Daniel Purriños, Javier García Sanchez e Xoán Domínguez Cabaleiro, toman a iniciativa de poñerse ao frente do club e comenzar xunto cunha vintena de socios a facer camiñantas polos montes e camiños cercanos, tanto do pobo como doutros concellos durante as fins de semana (saídas de varios días para facer montañismo polas serras do Xistral así como por Ancares, Courel, Xures etc). Un grupo máis pequeno tamén practica a escalada nas vías existentes nas paredes da canteira do eume, tentando de ensinar a tod@s aqueles que desexan iniciarse en dita actividade.

Máis tarde muda parte da directiva pasando a dirixir o clube durante dous anos: Jesús Caaveiro, Arcadio Bello, Martín Blanco, etc…, durante os cales o club logrou poñer en marcha o proxecto da única ruta homologada do concello a PR-G 147, entre outras actividades de interese.

Pasados dous anos a xunta directiva volta a mudar e pasa a ser dirixida por: Óscar Tomás Carballo, José Seoane, Marta Meizoso, Jesús Caaveiro e Tania Caaveiro. Durante esta tempada o club logra consolidar a PR-G 147 pasando a poder desfrutar da mesma de varias maneiras: camiñando, correndo e incluso facendo un tramo da mesma en canoa autovaciable. Realiza tamén actividades para persoas de todas a idades, incluso colabora cos colexios do pobo ensinando aos rapaces os camiños dos arredores así como valorar o medio natural.

Cunha directiva renovada fai dous anos e gracias á labor feita durante o transcurso de vida  do club, ésta consegue seguir sumando cada ano unha cantidade importante de socios e socias, tendo na actudalidade a cantidade de 182 socios/as,  e 86 federados pola FEDME, nos cales se respalda para poder facer un calendario con case 50 actividades anuais, englobando todas as disciplinas coas que conta o club. Neste mesmo intre o senderismo é a actividade que leva o peso do mesmo, pola cantidade de participantes cos que conta nesta disciplina, posto que dita actividade non presisa dun equipamento especial nin dunha gran forma física e permítenos desfrutar dos valores etnográficos e culturais da zona na que se practica.