Corredor invernal

Sábado 23 de Marzo:

Partimos de Sotres, 6 integrantes do Club de Montaña O Caxado e un integrante do Club de Montaña Vallisoletano, xa asiduo nas saídas do grupo de alta montaña do noso club. Ás 06:15 da mañá estabamos saíndo nos coches cara as Vegas de Sotres pola pista que une cos portos de Áliva. Unha vez alí armámonos coas nosas mochilas dispostos a facer a aproximación ó pé do corredor norte do pico escamellau dende o val das Moñetas situado no macizo central de Picos de Europa.

Distribuímonos en 3 cordadas, unha delas composta por 3 persoas, foi a que ía mais adiantada, xa que en caso de ser necesario asegurar algún paso complicado, sobre o papel sería a mais lenta. A aproximación é relativamente corta, levándonos aproximadamente unha hora.

Unha vez no inicio do corredor equipámonos cada un co seu equipo persoal (arnés, casco, crampóns, piolets, etc) e cos elementos que nos aportarán a seguridade no caso de atopar algún paso delicado (ancoraxes para neve, xeo e roca, cordas, etc).

Esperábamos que a neve estivera dura xa que era moi cedo cando comezamos a actividade, e así foi. As condicións da neve (segundo o noso gusto) eran perfectas, atopamos unha neve transformada, dura, pero que se deixaba traballar.

O corredor en realidade forma unha “X”, é dicir, ten dúas entradas e dúas saídas, xuntándose ambas no centro do corredor, puidendo pasarse dunha a outra nese punto. Nos decidimos entrar pola dereita e logo saír pola esquerda, xa que é o que recomendan as reseñas que consultamos, facendo deste modo o corredor mais atractivo.

O corredor estaba en tan bo estado que se deixou facer sen moitos problemas. O punto que se podería considerar mais complicado foi un resalte de rocha no primeiro treito con algunha zona algo escasa de neve, o cal o grupo pasouno sen maiores dificultades.

Tras varias horas de actividades, os integrantes da actividade culminan na cima do Pico Escamellau (2.064 m) polo seu corredor norte (III/2) sobre as 12 do mediodía.

A baixada fariámola pola Vallelon ata acadar o Val das Moñetas e voltar ós coches.

Domingo 24 de Marzo:

Tres dos integrantes do día anterior, pernoctamos na zona de Sotres para levar a cabo outra actividade o domingo, o corredor norte do Pico Cortes (2.373 m, III/1) situado no macizo oriental de Picos de Europa.

Desta volta, deixariamos o coche en Sotres e acercaríamonos camiñando ás Vegas de Sotres, dende onde aproximaríamonos ó corredor norte do Pico Cortés polo canalón do Jierro. A aproximación ten un primer treito sen neve ata acadar certa altitude na que xa se atoparía a neve.

A realidade e que debido a unha mala interpretación dos croquis consultados, trabucamonos de ruta, xa que deberiamonos ascender polo canalón do Jierro e despois desviarnos á nosa dereita para acceder ó corredor do Pico Cortés. Nerbangantes, o certo é que non demos co desvío e seguimos ascendendo polo canalón ata que xa nos decatamos do noso erro, polo que unha vez que nos atopabamos tan altos, decidimos cambiar o noso obxectivo para acadar a cima do Cueto da Encina (2.248 m) situada ó leste do Pico Cortés.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Por favor, introduza o valor correcto. *

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimiento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche no enlace para maior información.

ACEPTAR
Aviso de cookies