Arquivos da categoría: Sendeirismo

Ruta por MURAS

Este domingo visitamos o Concello veciño de Muras para realizar unha ruta circular, que destaca pola cantidade de regos e corredoiras existentes.

Comezamos a andaina ao lado do Rio Eume, no Parque da Área recreativa de A Veiga. Cruzamos o Rego de Muras e vamos subindo ata o lugar de Guimaras dende onde baixamos ata o Rego das Ferreiras o cal remontamos ata una pequena fervenza, aproveitamos para facer unha foto de grupo,  retornamos un pequeno tramo polo sendeiro e subimos ata Bustelo, lugar de nacemento dun  socio.

Descendemos ata Casavella, onde tomamos unha corredoira que atravesa o Rego das Ferreiras. Na subida ao Serrón de Paraño encóntranse  unhas pequenas cruces de pedra, que indican os lugares onde paraban para descansar os portadores do ataúde nos enterros. Descendemos ata o Río Eume pasando ao lado da pequena capilla Da Virxen Do Rosario en Casateita. Ao pouco de pasar o Eume iniciamos a última subida á cota máis alta do recorrido, o Monte de Carracedo. Na baixada ata Muras cruzamos o Rego de Serrón é ao pouco chegamos ao Burgo (Santa María), finalizamos esta preciosa ruta na orilla do Rio Eume.

Fragas do Eume

Un ano máis cumplimos coa nosa cita otoñal co Parque Natural  Fragas do Eume, paraxe de gran beleza e exemplo do que foron os bosques que poboaron a maior parte do litoral galego.

Nesta ocasión iniciamos a andaina en Goente no lugar do Gallel, ascendemos ao alto de Fontardión. A nubosidade do día non nos permitiu ver as magníficas vistas do contorno. Continuamos ata o mirador de Teixido onde contempramos as espectaculares vistas do embalse e o cañón do río Eume .

Iniciamos a baixada ao corazón das fragas polo sendeiro que nos leva a antiga central de Ventureira, acompañados pola gran variedade cromática da flora e polo espectacular caudal do Rego de Teixido. Cruzado o Eume e pasado o Rego do Parrote iniciamos a subida en zig-zag ata Monfero, este tramo ata o lugar As Leguas forma parte do camiño do Medievo. No lugar de As Leguas antes de cruzar o Rego da Vaca desvíamonos para contemplar a fervenza e os restos de un antigo molino. Continuamos o camiño en ascenso ata coronar o Penedo Gordo, distinguimos ao lonxe a torre de Hércules,  Montefaro e o alto del Fontardión lugar onde comezamos a andaina. Por último descendemos ata A Ponte da Pedra en Monfero onde nos espera o bus.

 

Barco de Valdeorras – San Paio

Iniciamos a ruta no paseo do Malecón cruzando o río Sil pola pasarela peatonal ata o área recreativa de O Salgueiral, onde un panel nos indica que transitamos polo itinerario denominado “Camiños Naturais” que  segue a Vía Nova Romana, Itinerario de Antonino que unía Braga e Astorga.

A ruta continúa co rio a man dereita e que vai ser unha visión constante en todo o recorrido. Chegamos a Arnado, pequena poboación cuxo aceso faise pasando por un arco baixo o pazo – castillo de Arnado o de Torre Penela, de principios do siglo XX que exteriormente se conserva ben. O camiño toma altura ascendendo pola ladeira da montaña ata Correxais, onde aproveitamos para visitar as ruínas do convento dos Trinitarios fundado en 1727,  lugar de gran importancia histórica na comarca de Valdeorras.

As vistas dende o pobo son impresionantes, o río Sil,  o Barco de Valdeorras,  o embalse de Santiago e os pobos en ladeira oposta do valle como Vilamartín de Valdeorras. No inicio da baixada ao arroyo de Olivedo as vistas ábrense á vega, na que se asenta A Rúa de Valdeorras e Petín a ambos lados do Sil. A baixada realizámola a sombra das encinas e unha vez pasado o arroio de Olivedo a subida facémola en compañía do castaño. Chegando a San Paio camiñamos a través de viñedos e pasamos por algunhas bodegas que estaban no inicio da vendimia, na de Sampaiolo familiar de un socio do club, nos obsequiaron cunha degustación de Mencía e Godello. Rematamos a andaina comendo na bodega de este socio e familia aos cales damos as grazas pola súa hospitalidade.

KM Vertical no Caurel

El sábado 18 un pequeño grupo del Club se desplazó hasta Folgoso do Courel, para realizar el único Km vertical existente en Galicia.
Iniciamos la ruta en O Pontón en Ferreiros de Abaixo, dejando a la izquierda el rio. A partir de Ferreiros de Arriba la subida se vuelve más pendiente con dos pequeñas trepadas, antes de la loma que nos aproxima a la base de Penaboa. Acometemos la parte más vertical de la ruta que remata en un mirador con unas vistas espectaculares. Después de una zona más suave nos queda la subida final a Pía Paxáro corta pero dura. Retornamos hacia Penaboa e iniciamos la bajada por un empinado cortafuegos. Llegando a la altura de Ferreiros de Arriba nos encontramos con Orlando el creador de esta ruta, que estaba abriendo en solitario una nueva variante. Bajamos con el hasta la carretera y después de darle las gracias en nombre de todos los amantes de la naturaleza por la labor de divulgación que realiza de la riqueza paisajística y etnográfica de O Courel, nos despedimos retomando el camino por un Souto de castaños hacia Ferreiro de Abaixo donde finalizamos la ruta.

X Travesía das Fragas Da Ribeira e Lostegal

Xa e posible anotarse nunha nova edición desta ruta que sigue tendo tirón e ganas de siguir crecendo paso a paso. 

Un ano mais podese facer camiñando e correndo, (sen cromometrar). Avituallamientos en ruta bien sólido y líquido. 

Para anotarse podes facelo na oficina do club ou na plataforma online de CHAMPIONCHIPNORTE.COM 

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimiento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche no enlace para maior información.

ACEPTAR
Aviso de cookies