Arquivos da categoría: Escalada

Escalada deportiva

     Este fin de semana o colectivo de escaladores e afeccionados a escalada acercarónse o rocódromo Indoorwall de Santiago para desfrutar das mellores instalacións que temos en Galicia en materia de escalada deportiva. Este grupo de afeccionados estiverón todo o día aproveitando as distintas vías que ofrece este rocódromo.

Esta instalación conta con vías para todos os públicos ven sexan afeccionados ou profesionais. Os asistentes puiderón divertirse durante unha xornada diferente nun ámbito pouco conocido no nos concello.

Incidente no Cañón do Sil

Tres personas (unha delas socia do club O Caxado) han resultado este viernes heridas de distinta consideración al ser alcanzadas por el desprendimiento de una piedra en Nogueira de Ramuín, en la provincia de Ourense, en pleno cañón del Sil, mientras practicaban escalada.

Dos de las tres víctimas, un chico y una chica, fueron trasladadas en ambulancia al hospital Piñor, de Ourense; mientras la tercera persona no necesitó ser evacuada.

Según la información proporcionada por el 112, el desprendimiento se produjo en una zona de difícil acceso, en el entorno de la presa de San Estevo, sobre las 14.00 horas.

Tras recibir la alerta de otro escalador, el 112 alertó al 061, el grupo de emergencias supramunicipal (GES) de Pereiro de Aguiar, Protección Civil y la Guardia Civil.

Con todo, las tres víctimas fueron auxiliadas por un barco particular, que se encargó de realizar el traslado hasta el embarcadero de Santo Estevo, donde ya se encontraban los efectivos sanitarios para evaluar el estado de los escaladores.

Aventura por Picos de Europa

Un grupiño formado por 7 socios do club de montaña O Caxado de As Pontes (Pepe, Mónica,
Nacho, Inma, Elva, David e Mito) trasladáronse, a fin de semana do 18 ó 20 de agosto, ata o
macizo central de Picos de Europa para realizar varias actividades pola zona. O obxectivo
principal era o de acadar a cima do Picu Urriellu ou tamen coñecido como “Naranjo de Bulnes”.
Estableceron o seu campamento na Vega de Urriellu, algúns pasando a noite no refuxio Delgado
Úbeda, situado na mesma Vega e outros durmindo en tenda de campaña.
Venres 18 de agosto.
O primeiro día consistiría en acadar a Vega de Urriellu camiñando dende o collado Pandebano
onde se aparcarían os coches. O camiño non posúe grandes dificultades técnicas, pero faríase
duro debido o desnivel (pouco mais de 900 m de desnivel positivo) e a que as mochilas que
levaban ían moi cargadas debido á grande cantidade de material que tiñan que levar, dende
cordas, pasando por empotradores, arneses, mosquetóns, etc. Por si fora pouco, o día estaba
desapacible e a néboa acompañaría o grupiño dende case o inicio, acompañada de choivas
febles en moitos intres, o cal faría mais duro a ascensión ata a Vega.
Tras acomodarse cada un na Vega de Urriellu, reuniríanse para decidir a hora á que ó día
seguinte comezarían a aproximación á vía. Había moitas dubidas en canto ó tempo, pero
finalmente o grupiño decidiría probar sorte e comezar a aproximación as 06:00 h.
Sábado 19 de agosto.
As 06:00 o grupo segue con moitas dubidas, xa que unha espesa néboa atópase ancorada na
Vega e o chan está húmido. Se na cara sur as condicións son similares non poderían escalar xa
que a rocha estaría resbaladiza e terían que esperar a que secara. Finalmente deciden arriscar e
as 06:30 comezan a ascender ata a cara sur do Picu Urriellu. A ascensión leva aproximadamente
unha hora, bordeando o Picu pola cara norte, seguindo o canal da Celada. Unha vez que o grupo
alcanzou o collado da Celada a néboa desapareceu e apareceu un día de sol estupendo, mentres
que na Vega a néboa seguía ancorada e incluso con choivas febles. O grupo estaba de noraboa,
polo momento todo ía saíndo a pedir de boca.
Unha vez a pé de vía, decataríanse de que eran os únicos que se atopaban na cara sur para
escalar o Picu, o cal é sorprendente debido a gran cantidade de xente que se acumula nesta cara
do Picu. Comezarían os preparativos para iniciar a escalada, cada un co seu arnés, as cordas,
mosquetóns, reunións preparadas, etc. Escalarían o Picu en dúas cordadas de tres compoñentes
cada unha. A vía elixida sería a denominada “Sur directa” ou “Directa de los hermanos Martinez”
formada por 5 longos cun total de aproximadamente 150 m, cunha gradación máxima de V
grado.
As dúas cordadas foron solventando sen grandes problemas os 5 longos ata chegar ó anfiteatro,
dende o cal farían cume tras varias trepadas sinxelas.
Pouco a pouco irían chegando máis cordadas á cara sur, chegando a un total de 6 en todo o día,
cos cales puideron desfrutar dunhas gratas vistas dun espectacular mar de nubes dende a cima.
Trasrepoñer folgos na cima, e facer asfotos pertinentes para deixar constancia da súa presenza,
tocaba recoller o material e poñer camiño de volta. Habería que destrepar ata o anfiteatro e,
pola mesma vía de ascensión facer tres rápeles de baixada aproveitando as reunións instaladas
na parede.

Unha vez a pé de vía tocaba voltar cara a Vega desfacendo o camiño feito polo canal da Celada,
polo cal a néboa voltaría a ser o seu compañeiro de viaxe.
Domingo 20 de agosto.
O día espertou sen a néboa do día anterior. No ceo non se vía unha nube. Prevíase un día de
moita calor e sol abrasador.
Acompañados por Felix, un compañeiro do club de montaña Vallisoletano, o grupiño poñería
rumbo, as 07:30, ó Jou de Cerredo para realizar a actividade do día. A ruta atravesaría a brecha
dos cazadores, horcada arenera e demais accidentes xeográficos que forman esta fermosa zona
do parque nacional.
Preto do Jou de Cerredo o grupo dividiríase en dous, tomando dous compoñentes do grupo
dirección á ascensión a Torrecerredo (2650 m) o punto máis alto da cordillera cantábrica,
seguindo o resto do grupo en dirección a cume do Pico Cabrones (2.558 m) dende a cal
intentarían completar a travesía ata Torrecerredo pola cresta que une as dúas cumes. A
ascensión ó Pico Cabrones faríana pola vía normal de ascenso, chegando a unha brecha dende
onde se comeza a cresta de ascensión, tras subir por unha cheminea. Dende a brecha tocaría
avanzar por unha cresta moi aérea ata chegar a cume do Pico Cabrones. Unha vez repostos os
folgos, retomarían o camiño pola cresta para seguir ata Torrecerredo. Tras varios rápeles,
trepadas e destrepadas, chegarían ata unha ascensión por unha vía graduada co IV grado, a cal
escalarían encordados. Tras pasar esta última dificultade, a cima de Torrecerredo atópase a
poucos metros. O grupo faría unha parada para xantar e repoñer folgos e só quedaría baixar
pola ruta normal de ascenso a Torrecerredo e voltar á Vega desandando o camiño feito pola
mañá. Varios integrantes retomarían camiño de Pandebano, algúns para coller o coche de volta
á casa e dous de eles para continuar coas actividades os díasseguintes coa incorporación de Luy,
socio do club de montaña O Caxado. Este grupiño desprazaríase en vehículo 4×4 á zona de Aliva
para vivaquear polos arredores.
Luns 21 de agosto.
O grupo formado por tres integrantes comeza o día ascendendo a canal do vidro, para dirixirse
ás cimas que pretenden acadar. En primeiro lugar as cumes de Tiros Navarro para logo baixar e
dirixirse as cumes dos picos de Santa Ana. Unha vez conseguidas as cimas, continúan a ruta
baixando pola canalona para coller o camiño de volta á zona de Aliva. Unha vez no coche
desplazaríanse ata Jitu Escarandi para pasar a noite vivaqueando pola zona.
Martes 22 de agosto.
Comeza o día e os tres integrantes do grupo toman camiño ó refuxio de Andara, xa no macizo
oriental de Picos de Europa para intentar as cumes do Pico San Carlos ou Sagrado Corazón. Unha
vez conseguido o seu obxectivo, diríxense á cume do Samelar dende o cal descenden,
novamente, ata o refuxio de Andara para voltar ó coche. Desta volta, a noite farana no albergue
de Sotres.
Mércores 23de agosto.
O grupiño desprazase á zona do desfiladero da Hermida para realizar varias vías ferratas na
zonas. Na zona da Hermida fan a vía ferrata pequena da Hermida e posteriormente na zona dos
Llanos fan a ferrata do mesmo nome, cun novo recorrido recén estreado e que se atopa
graduada con K5. Con isto finalizan as actividades e os dous integrantes do club de montaña O

Caxado despídense do compañeiro Félix do club de montaña Vallisoletano, que porá volta a
Vallodolid mentres Luy e Jose toman camiño de volta a Galicia.

Escalada en Rocodromo

Este fin de semana perto dunha treintena de persoas participaron nas xornadas de portas abertas que organizou o club nas instalacións da Malata. A donde se achegan os socios/as do club durante todo ano para poder disfrutar dun deporte que será olímpico nas próximas olimpiadas de Tokio 2020.

Durante todo o día os/as interesados en coñecer un deporte alonxado das masas televisivas, puideron desfrutar en primeira persoa dunha experiencia nova provando a escalar nunha parede vertical artificial, recoñecer o material que se usa para levar a cabo esta disciplina, así como os tipos de presas e materiais para a realización dos distintos rocódromos aritificiais.

Unha boa experiencia, para non esquecer en breve voltar a probar nas proximas a organizar, comentan algúns dos existentes.

Escalada en rocodromo

O pasado domingo varios socios do club desprazáronse a Santiago as instalacións do Indoorwal Santiago para pode desfrutar das magnificas instalación que temos nesta cidade en materia de escalada. Mais dunha decena de socios disfrutaron dun día entre presas, cordas, arneses e boa compañia, nun deporte considerado minoritario pero cunha gran amistade entre os practicantes.