SAÍDA SEMANA SANTA

Día 24 de Marzo

Saímos trece socios do club de montaña O Caxado as oito da mañá cara a poboación de Espinama (Localidade do municipio de Camaleño, encravada aos pés dos Picos de Europa e que pertence á bisbarra de Liébana, “Cantabria”).

Na localidade de Mondoñedo xúntanse a nós, dous compañeir@s do club de espeleoloxía rei Cintolo e que nos acompañarán estes días. Para esta primeira xornada ademáis de facer a viaxe, imos a escalar a vía ferrata de “Los Llanos Camaleño”, nesta mesma localidade. A vía ferrata conta con dous recorridos de diferente dificultade, un que enlaza as tres paredes principais que levará aos usuarios ata o cumio e outro de máis dificultade que, á mitade da terceira parede, sepárase cara unha ponte tibetana de certa dificultade, cunha complicada saída por un muro extraplomado cara o cumio. Os compoñentes do club de montaña decidimos esta segunda opción. Rematada esta actividade, trasladámonos a localidade de Espinama, lugar no que nos aloxaremos os vindeiros días, no albergue de montaña Briz, un trato do millor e no que se preocupan do benestar dos aloxados. Aluguer de material para facer as vías Ferrata.

www.picosxtreme.com

Aloxamento en Espinama.

www.alberguebriz.com

Día 25 de Marzo

Primeiro día de madrugar, erguémonos as 07:00 para almorzar e desprazarnos a Fuente Dé, lugar de saída do teleférico, o cal nos vai a poñer na parte alta do macizo central dos Picos de Europa salvando un desnivel de 753 mts., e situándonos a 1823 mts. en tan só catro minutos. O día, na parte superior do teleférico, chamado Cable, amence con moita niebla nos cumios dos montes. Ao noso paso temos abundante neve e non e necesario usar crampóns nin raquetas nestes primeiros tramos, xa que nos permite camiñar sin enterrarnos e tampouco hai xeo. Simplemente está perfecta. Colocámonos baixo a zona pola que traíamos pensado ascender (collado de la Canalona), pero, por información de xente que o día anterior tentara subir a este mismo lugar e que desaconsellaban a ascensión por esta zona debido a un alude que caera en días anteriores, probamos a subir por un canal que se atopa entre o canal Alucinante e a Canalona, e o cal resultou ser a millor forma de poder ascender a esta montaña. A iso das 13:30 once compoñentes do club de montaña O Caxado, dous de club espeleoloxia rei Cintolo, e un compañeiro da Coruña (Santi), que se uneu a nos para ascender a Peña Vieja (2613 mts.). Ata que chegas á casa non se considera que subiches a unha montaña, co cal ata que chegamos a cafetería do teleférico non celebramos a ascensión. As 17:00 horas atopábamonos todos na cafetería e xa aquí comenzamos coa hidratación.

Día 26 de Marzo.

Erguémonos coma sempre, madrugando, para aproveitar o día. O día amence nublado e os pronósticos do tempo avisan de forte vento nos cumios, co cal decidimos comenzar por unha ruta de sendeirismo que sae da mesma poboación de Espinama, a PR-S2 e que nos leva aos invernales de Igüedri. A media mañá, cambiamos de sendeiro para o PR-S8 e S16 e que nos vai aproximando ata a ermida da virxen das neves ou santuca de Áliva e aos extensos portos de Áliva, e mesmamente ata o refuxio hotel de Áliva (1900 mts.), onde tomamos un pequeno tentempe. A estas horas o vento xa se pon un pouco forte, co cal tomamos a decisión de baixar, pero ao chegar cerca dos invernales de Igüedri, decidimos continuar polo senderiro PR-S8 e S16 ata a localidade de Mogroviejo, facendo un total de 20 km. e a mitade de eles en condicións invernais de alta montaña. Unha gran ruta.

Día 27 de Marzo.

Xornada de regreso, pero según os plans que levávamos e xa que o tempo nos acompaña, falamos con Oscar de Picos Extrem para que nos alugue 14 disipadoras (sistema de seguridade), para realizar a vía ferrata de A Hermida. A vía ferrata atópase cerca do Balneario da A Hermida e sube pola cara norte da Peña Agero, seguindo o trazado de un antigo camiño de pastores. Está dividida en tres partes, o infantil, para os máis pequenos e iniciación. O medio, con algún paso desplomado. E o integral, o mais esixente ata a coca Ciloña, que se ampliou con duas pontes, un tibetano e unha pasarela de 100 metros. Trátase da primeira vía ferrata certificada pola AFNOR Francesa e construéuse coa axuda dos fondos Leader, fondos europeos en favor do desenrolo rural.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Por favor, introduza o valor correcto. *

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimiento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche no enlace para maior información.

ACEPTAR
Aviso de cookies