Camiñando para visitar o patrimonio

     O domingo pasado o club Montaña O Caxado en colaboura coa Plataforma en defensa do Patrimonio das Pontes, organizaban unha ruta sendeirista para coñecer de preto os restos megalíticos dunhas das parroquias do concello de As Pontes. A iniciativa que tivo moi boa aceptación entre a veciñanza pontesa e inclusive vecinos dos arredores do concello, posto que contouse cunha  participación  moi ampla (67 persoas) entre maiores e nenos.

     O sábado anterior deron lugar na casa de Don Pedro (casa do Peso) as Xornadas Mouras que organiza a Plataforma para poner en coñecemento de todos/as os interesados/as na materia, e así o domingo a través de traballo de campo poder visitar en persoa a historia dos nosos antepasados, da man de dous colectivos ponteses con interés pola natureza e patrimonio.

    O grupo partía en autobús do Cine Alovi as 9:00h do domingo rumbo a parroquia de Ribadeume o lugar dos CASTROS,  onde o propio nome indica existe un castro,  da man de dous arqueólogos (Lois e Marcial) puidemos entender un puco mais, o porque das formas de vida dos que o habitaron. Despois das pertinentes explicación o grupo tomaba camiño abaixo para chegar o río Eume percorrer o carón del uns 4kms ata chegar os muiños que franquean as fervenzas das Panceiras onde se puido conteplar a expectacularidade e beleza que dito lugar nos pode ofrecer.

     Despois das fotos oportunas a expedición tomou camiño de novo rumbo o cementerio de Bermui onde se atopa o Castro de Bermui, un castro que conta con mellor conservación que o anterior e dentro do cal o grupo puido voltar a facer preguntas sobre os antiguos poboadores da zona. Xa rumbo a montouto onde puidemos visitar as  3 mamoas coas que conta o lugar. Tamén puidemos contemplar as vistas que dita paraxe ofrece do pobo e do lago pontés. Continuamos o noso camiño xusto por debaixo da línea de alta tensión para chegar a pista que nos leva a igrexa de Ribadeume na cal podemos contemplar un sartego en perfecta consevación, e do cal recibimos as oportunas explicación sobre os enterramentos que se practicaban na época.

Desexamos dar as gracias a todos/as asistentes, e os  membros da plataforma en defensa polo partrimonio das Pontes

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Por favor, introduza o valor correcto. *

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimiento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche no enlace para maior información.

ACEPTAR
Aviso de cookies