Arquivos mensuais: Setembro 2016

Saída polos Alpes

A nosa socia Salomé acercouse os Alpes para facer unha excursión par disfrutar duns paraxes expectaculares.

O 29/7 sobre as 16:30 h. partia cara Chamonix-Alpes Franceses- para chegar ó dia seguinte ó mediodía. No camping xa nos recibiu o Glacier de Bossons, un avance de tódalas fermosuras que nos esperaban para disfrutar delas e tamén podiamos ver a subida ó Mont Blanc pola cara normal, que é a que fai a maioria da xente. Alternamos rutas de montaña con rutas turísticas e sendeiros para poder ver un pouco de todo:

 Fixemos o Aguille du Tour Alt-3546m. Dômes de Miage Alt – 3670m. Estas dúas subidas moi montañeiras cresteando, pasando por glaciares e subida con trepada.

 Croix de Fer Alt-2343m con una senda aérea moi bonita.

 Outro día subimos ó Lac Blanc Alt 2352m e ó Lac du Brévent 2525m, dende aquí tirábanse os de parapente.

 Glacier de Mer de Glace ( aquí baixamos ata a cova de xeo que está excavada no glaciar).

 Glacier de Argentière impresionante.

 Aiguille du Midi en teleférico ( soamente a subida xa merece a pena e pódese ampliar a ruta ata a parte italiana collendo outro teleférico cunhas vistas a todo o macizo impresionantes).

 Tamén visitamos as vilas medievais de Ainnsa, ,coñecida como a pequena Venecia Alpina e a vila italiana de Aossta, para chegar a esta última hai que pasar o túnel do Mont Blanc.

Foron uns días inolvidables pois cada día fixeras o que fixeras sempre había algo que te sorprendia.

Quedaron moitas cousas pendentes de facer e de ver, unha delas o Mont Blanc por non atopar praza no refuxio así que un motivo máis para volver.

 

II proba copa galega de escalada en bloque

CLUB MONTAÑA O CAXADO informa:

    Que, moi ao noso pesar, QUEDA SUSPENDIDA DEFINITIVAMENTE a II Proba do Campionato Galego de Escalada.

    Dende este club tramitouse todo o necesario para poder realizar esta proba na nosa localidade. Fíxose solicitude a asamblea da FGM no mes de Decembro do ano 2015, onde se nos concedía a 2ª proba da Copa de escalada en bloque, a cal se comezou a preparar con toda a nosa ilusión e esforzo para o seu bo término.

    A propia Federación edita un cartel coas dúas datas para as probas deste ano, correspondendo a este Club o día 27 de Agosto. Unha vez todo organizado e á falta dun mes, a FGM comunícanos que é necesario modificar dita data posto que o día previsto non conta con técnicos/as suficientes para montar a instalación necesaria (mes de vacacións). Acéptase e aprobase a proposta de trasladala ao día 10 de Setembro, xestionando novamente os permisos e trámites pertinentes. A 12 días da proba, contactamos novamente coa FGM para iniciar a posta en marcha da competición, comunicando ésta que a proba deberá ser novamente aplazada por existir outras competicións o mesmo día noutra comunidade así como unhas xornadas noutra provincia.

   Polos motivos que se expoñen, este Club toma a decisión, coas consecuencias que supón, de ANULAR dita competición, tanto nas datas previstas como en datas próximas, renunciando así definitivamente a dito evento.

escalada renuncia 001