Arquivos mensuais: Decembro 2015

Actividades

O club  Caxado esta a confeccionar o calendario cara o ano 2016, dentro del contemplanse saída a montaña, carreiras de Montaña, andainas de 50kms, e saídas pola contorna do pobo para coñecer un pouco da nosa historia, así como moitas mais aventuras qsue iremos descubrindo pouco a pouco. Pero para os/as amantes da orientación desexamos indicar que tamén comenzaremos a ter unhas pinceladas dunha actividade divertida pola natureza, para que os socios/as podan inciarse, e aprender a guiarse coa axuda dunha bruxula e un mapa, para os/as mais curiosos/as que desexen ir votandolle unha ollada deixamos un pequeno manual no apartado de BIBLIOTECA (DOCUMENTOS).

Saída Somiedo

Partimos nove socios do club o venres 04 de Decembro para aproveitar a ponte da constitución facendo o que máis nos gusta, subir a novas montañas na nosa veciña comunidade autónoma de León.
Como dicía, o venres viaxamos a Torrebarrio, San Emiliano (León), onde a federación galega de montaña ten un refuxio, e onde nos íamos aloxar tres días.
Fomos chegando de forma escalonada, para a iso das 22:00 horas e logo de instalarnos na habitación que escollemos dispuxémonos  a cear, cos bandullos cheos e logo de parolar un cacho, comenzamos a preparar as mochilas e trazar o plan para o día seguinte. Decidimos  tentar facer a ruta prediseñada e que contábamos sería mais longa. subir aos Picos Albos (Oriental 2109 mts e Occidental 2071 mts) e Peña Calabazosa.
As 06:30 da mañá, estamos todos en pé e con ganas de comezar a xornada, aínda que coa temperatura que se percibe do exterior non apetece moito. Somos os primeiros en erguernos, co cal a cociña e toda para nós e podemos andar ás nosas anchas, aínda que ao pouco tempo comenza a levantarse o persoal ao completo e unhas 30 persoas comezan a pulular polo refuxio.
As 07:30 saímos para o alto da Farrapona. O acceso dende Torrebarrio, faise por unha pista sen asfaltar pero con bó firme. O alto da Farrapona atópase a 1708 mts. e foi o final dunha das etapas da volta ciclista a España do ano 2011. Dende aquí  xa temos gañados uns metros.
As 08:15 comezamos a nosa andaina da primeira xornada. Vai ser un día longo. O noso primeiro reto e subir Peña Calabazosa (2104 mts.) e temos un día soleado, pero cunha lixeira brisa que fai que a sensación térmica sexa bastante baixa. Pero cos desniveis que temos que pasar, fanse máis levadeiros. As 11:40 atopámonos no cumio de Peña Calabazosa con 5,5 km percorridos e despois da foto de rigor, de cubrir a tarxeta de cumio e depositala no buzón,  recollemos  a dos anteriores montañeiros que ascenderon a este cumio. Continuamos a nosa travesía e as 14:03 e con 9,1 km recorridos chegamos ao Albo Oriental (2109 mts.), foto de cumio, cubrir tarxeta de cumio e listo….continuamos coa travesia e o disfrute das vistas. As 14:44 conseguimos chegar ao cumio do Albo Occidental (2071 mts.). Despois do descrito anteriormente, comenzamos a baixada aos lagos de Saliencia, e volta a Farrapona, chegando ao noso destino as 16:40 e despois de 15,5 km.
De volta no refuxio de montaña de Torrebarrio e logo dun aseo, toca baixar a dar unha volta e prepararse para a cea en San Emiliano e preparar o plan para o día seguinte.
Domingo 06 de decembro, voltamos a levantarnos as 06:30 e despois do almorzo, saímos ao noso novo destino, a aldea de La Cueta, a cal chegamos as 09:00 da maña.
Comenzamos a andar cunha xeada importante as 09:10, cún sendeiro bastante doado e con lixeira subida. Sorprendémonos, xa que non nos decatamos nos mapas que estabamos seguindo un río estreito e cun nome curioso, o rio Sil. Voltamos a mirar os mapas e dámonos conta que a zona a que nos diriximos son as fontes do Sil, un novo aliciente para continuar ascendendo e chegar ao noso destino Peña Orniz (2191 mts.). Xusto na base de esta fermosa montaña, atópase a que se considera unha das fontes do río Sil e que vos amoso nas fotos. As 12:43 e despois de 7,3 km de ascensión, chegamos ao cumio de Peña Orniz. Unha vez no cumio e despois de facer a foto de cumio, cubrir e recoller a tarxeta de cumio dedicámonos a disfrutar da paisaxe, xa que o tempo acompaña.
Agora o noso seguinte destino  é o cumio de Cuetalbo (2074 mts.) Decidimos facer unha travesía pola cornisa que temos de frente e que nos leva directamente a este novo cumio. As 14:01 chegamos ó alto e despois das fotos pertinentes, de volta para La Cueta. As 16:00 chegamos aos coches, tomar unha cervexa fresquiña, estirar un pouco e día virado.
Na  Cueta, separámonos tres que temos que traballar o lúns, pero quedan seis, cunha nova idea, ascender ó cumio de O Cornón (2188 mts.)
As 09:00 atópanse no porto de Somiedo, para comenzar a andaina, cara O Cornón, as 12:00 chegan ao cumio de O Cornón, fan a foto de cumio, cubren a tarxeta e baixan axiña, xa que a temperatura e baixa. As 15:00 xa se atopan de volta no porto de Somiedo, dando por concluida a saída da ponte da constitución, non si darse un homenaxe en Somiedo, mandándose uns Cachopos de campeonato.
Vémonos nas montañas.

Tarxetas federativas 2016

Xa é posible facerse socio/a do club, ou renovar como soci@.

Tamén e posible facer a tarxeta federativa FEDME 2016 Para todos/as as/os socios/as do club que leven un año de antiguidade, contarán cun desconto na mesma de 10€ por persoa.

Par resolver calqueira dúbida podense poñer en contacto co club.