Arquivos mensuais: Outubro 2015

RUTA DO GALLOL

            Este domingo  o club tivo dobre actividade por unha banda parte do equipo de trail desprazaronse  a Mugardos  onde se celebrou  o III trail de Montefaro  e outra parte desprazámonos a o  municipio da Fonsagrada a realizar a ruta do Gallol e parte da de Pena de Guimara  que se atopa no Espazo Natural de Carballido, incluído dentro da Rede Natura e declarado Reserva da Biosfera pola UNESCO, que conserva unha das mellores formacións de bosque atlántico galego, con numerosos tipos de árbores e arbustos, algúns pouco comúns no resto de galicia.

            Iniciamos a Ruta do  Gallol  na  escola  de Vilardíaz hoxe abandonada, enseguida chegamos a un pequeno nucleo de casas onde destaca o horreo de teito da casa rural Vila Seberina, ao pouco iniciamos unha baixada que nos leva a o  primeiro souto ,nos atopamos  coa Ponte do Beltrán, onde se unen o rio Rodil  e o Pontigón atravesamos a ponte e despois dunha forte subida chegamos a Vilarxubín,  pequena  aldea abandona onde aproveitamos para comer  beber algo e facernos unha foto de grupo, descendemos por un souto onde hai restos de corripas , saímos a un camiño amplo que vai coroando , iniciamos unha forte baixada por un souto  e á nosa esquerda queda o pobo abandonado de Vilarin de Castelo , chegamos de novo ao rio Robil e a súa unión co Pontigón, decidimos non subir a ver os muiños de Parada, atravesamos a ponte do Castelo e iniciamos outra forte subida cara ao Castro do Castelo, continuamos subindo ata chegar ao lugar  onde a ruta semicircular do Gallol acaba e únese coa circular de Pena Guimara. Aquí unha parte do grupo opta por continuar polo souto cara a Vilardíaz  e o outro grupo baixa ata o rio Veiga de Lagares, ao pouco de comezar a remontar o rio e tras pasar duas corripas chegamos ás ruínas de dous antigos muíños, continuamos polo lado do rio pasando por estreitos pasos entre rocas e un pequeno souto onde se atopan unha serie de covas escavadas pola auga na roca calcaria, chegamos novamente ao punto de inicio onde agardaba a outra parte do grupo que realizara 4 km menos. A ruta é preciosa, sobre todo nesta  época do ano e altamente recomendable.

Nocturna

        Un ano máis o club de montaña O Caxado organizaou unha saída nocturna pola contorna do pobo o pasado sábado día 3 de outubro, saída na que se presentaron medio cento de participantes dispostos a recorrer os 14kms. que o club tiña propostos para poder desfrutar dunha noite perfecta para camiñar entre a oscuridade en boa compaña.

         Aproveitando o bo tempo que ofreceu o día, provistos de frontais e cara  ás 21:00h da noite xuntabanse socios/as do club nas dependencias do club (hexágono, A Fraga), para tomar a saída desta nova experiencia para moitos e non tan nova para outros, pois camiñar con noite pecha e unha sensación moi distinta a facelo de día. A saída foi polo parque do Eume (A Fraga) con dirección as casas da Cuiña para coller río arriba polo marxe dereito do río con dirección o encoro da ribeira, despois de atravesar a muralla dirección os montes de San Vicente de Pontoibo a través de camiños e montes para chegar a Marraxón de donde se puido contemplar unha boa vista do pobo totalmente iluminado, continuamos camiñando ata coller o cruce que nos leva o lugar da Lugareta para enlazar e poder baixar ata o lugar de Garabatos, onde se colle o camino o carón do río entre carballos e novas plantación de eucaliptos, contemplando unha planta de luz antigua e algún que outro muíño abandonado, para chegar o Brixeo barrio que e necesario cruzar hacia o campo de rubi para chegar o canal IV o carón do río Brixeo o cal  nos acompañou ata a ponte de perfolla, despois de cruzar o casco antiguo da Vila tocou subir río arriba con dirección o parque do Eume para rematar unha preciosa ruta polos arredores do pobo, os cales nos presentan unha maravilla da natureza para practicar un deporte tan recomendable como saúdable.

       Moitos dos/as participantes e simpatizantes da cociña decidiron traer un doce para o remate da camiñanta e así xunto cun chocolate quente un refrixereo e unha gran queimada cerrouse unha saída cada vez mais demanda polos afeccionados o senderismo do club.

Pedimos disculpas polas fotos, pero a luz non axudou moito.