Arquivos mensuais: Setembro 2015

DEPORTE NA RÚA

Continuando coa realización de eventos esta pasada fin de semana tocou DEPORTE NA RUA para todos/as que desexaron participar durante unhas horas en calqueira actividade coas que conta o noso concello en materia deportiva.

Pola nosa banda tocou a escalada o club contou cuns paneis de fibra simulando unha parede natural montados nunha estructura de andamiaxe, e para baixar da mesma, nunha tirolina de 60 metros de lonxitude.

Unha actividade que gusta moito entre os mais novos e non tan novos da casa,  sempre con prudencia e respeto para colgarse dunha parede, aínda con seguridade.

Nesta ocasión pasaron pola instalación 164 nenos/as, non tan neno/a.

Viñedos de Belesar

Pasado o parón do verán retomamos as andinas, nesta ocasión desprazámonos a terras de Chantada e O Saviñao para percorrer os viñedos de Belesar.

As viñas, pódense contemplar en ambalas duas ladeiras do Miño, están dispostas nun sistema de chanzos, muretes de pedra, chamados socalcos, datan da época romana. As cepas dispóñense en filas sobre os socalcos, existindo unha amplia variedade, ainda que debtri das maís plantadas destacan  Mencía e  Godello, a vendimia segue realizándose mediante os métodos tradicionais, tamén coñecida como viticultura heroica.

O día presentouse cunha lixeira choiva, o que non impediu que gozásemos dunhas vistas esplendidas das viñas, e do Rio Miño, realizamos unha pequena parada no embarcadoiro de Belesar, pobo que está dividido en dous polo Miño, seguidamente subimos pola tráza da antiga calzada romana ata a igrexa de Diamonde, asta chegar a zona ciñecida polos Codos de Belesar, logo dun tramo de carreiro chegamos ao monasterio románico de San Estevo de Ribas de Miño, que data dos séculos XI – XII.

A continuación cruzamos a muralla do pantano de Belesar para rematar a camiñada nun refuxio-bodega. Cada viña ten o seu característicos da ribeira chantadina. Son pequenas construcións cadradas de pedra, planta baixa e cuberta de tella.

Aquí temos que expresar o noso agradecemento polas atencións,  hospitalidade e viandas recibidas do propietario, Pepe “Chantada” amigo dun socio, que nos permitiu gozar dun remate de andaina memorable.

RECORDAR QUE AS FOTOS ESTÁN NO APARTADO DE FOTOS DESTA PAXINA.