Arquivos mensuais: Agosto 2015
Equipo Carreiras por Montaña
Carreiras por Montaña
O club de montaña O Caxado ben de crear un equipo de afeccionados/as ás carreiras de montaña, todos/as eles/as integrantes do mesmo para tentar competir en distintas disciplinas pola diferente xeografia galega e nacional. Fixo a presentación do recentemente creado equipo nun evento no propio concello (IV edición do trail das Pontes 2015). Non puideron estar todos os/as intregrantes deste equipo, pero si unha pequena representación. 10 socios/as tomaron a saída nesta edición, para desfrutar dos paraxes da ribeira e lostegal a vacariza e rematar no pavillón municipal.
Esta edición tivo un aliciente máis, posto que o gañador absoluto foi un pontés integrante do club, DAVID CASTRO CAMPELLO o cal queremos felicitar dende aquí e animalo a seguir na mesma liña, así como o resto de compoñentes do equipo.
Distancia de 27km
Subcategoría: Masculino Senior
Chegada Número Nome Tempo
1 148 David Castro Campello 2h 23min 18s
11 238 Miguel Vilaboy Filgueiras 2h 44m 51s
17 220 Luís García Ríos 2h 55m 14s
19 240 Moisés Breijo Nebril 2h 55m 11s
34 186 Jorge Carballeira Amarelo 3h 14m 56s
91 225 Manuel Ferro Dopico 4h 15m 07s
Subcategoria: Masculino Veterano
3 239 Modesto Barro Rochela 2h 53m 44s
Distancia 14km
Subcategoria: Masculino Senior
52 31 David Cardeña Rochela 2h 08m 37m
Subcategoria: Femenino Senior
5 106 Sonia Vilaboy Filgueiras 2h 04m 17s
19 94 Raquel Freiria Troncoso 2h 37m 02s