Arquivos mensuais: Maio 2015

San Andres de Teixido

Despois do pasado fin de semana polos Picos de Europa, este tocou ir ata San André de Teixido, nós preferimos ir de vivos e non de mortos. A idea era facer o camiño a través da Capelada iniciándoo no Campo do Hospital, pero debido á néboa que se observaba na Capelada optamos por realizar a senda dous Peiraos.

Esta comenza no Castelo da Concepción antiga fortaleza militar de 1747, un continuo ascenso para pasar pola Ermida de San Antón de Corveiro, onde en verán se realiza a “xira campestre”, dende aquí divisamos a entrada á Ría de Cedeira, punta Frouxeira e cabo Prior, seguimos a senda e chegamos ata a garita do Vilar, a 378 metros de altura, facemos un pequeno descanso e aproveitamos para sacar unha foto o grupo de rapazas que hoxe son maioría, descendemos ata o Miradoiro de boca de Tarroiba, onde vemos a un lado Cedeira, e de fronte San Andrés e os acantilados da Serra da Capelada, seguimos a senda costeira, realizamos outro pequeno descanso e chegamos ata o Miradoiro de Cortes, dende aquí xa só quédanos descender polo camiño antigo pasando ao lado dos “amilladoiros”, pilas de pedras depositada polos romeiros. Finalmente chegamos a San Andrés, onde despois de repoñer forzas, e cada un realizar as visitas e compras oportunas volta para As Pontes.

VII Travesía das Fragas do Alto Eume

O próximocartel 2015 luns día 18 de Maio abriremos o prazo para poder anotarse nesta edición.

Recordar que dita Travesía pode facerse andando ou correndo.

Inicíate nas carreiras de montaña participando con nós.

 

Cares – Covandonga

O Club de montaña O Caxado organizou a pasada fin de semana unha saída a Picos de Europa, foron 45 socios os que se desprazaron a terras Asturianas. Así o sábado durante toda a xornada fixeron a ruta con mais visitas de España, A Senda do Cares despois de contemplar uns paraxes expectaculares e fermosos e dun paseo de case 6 horas, lograron completar os 24 km que separa a Poncebos – Caín – Poncebos. Tocou repoñer forzas e descansar pola noite na localidade de Cangas de Onís, na xornada do Domingo tocou facer unha ruta para unir os Lagos de Covandonga ,o Enol e mais o Ercina, un día con moita calor e moi despexado algo non moi frecuente neste tempo por eses lugares, parada para facer a visita a Virxe de Covadonga e retirada para a casa.

Por outro lado a Copa galega de Andainas dos 50km continuaba por eso outra representación do club desprazouse a Santiago para facer o percorrido destinado a andaina.

Tamén tivemos representación do Trail Challenge de Quiroga.

Fin de semana repleta de eventos e con representación por parte do club.