Arquivos mensuais: Marzo 2015

Saída o Pozo da Ferida

Este domingo os socios do club de Montaña O Caxado desprazámonos ata  terras da Mariña lucense. Chegamos o mirador de San Roque de onde comenzamos a nosa andadura, este recibe o seu nome pola ermida en honor a este santo que data do século XVI. Ten unhas vistas magnificas do concello de Viveiro, dá costa, como da desembocadura do río landro, e dá ponte Maior. Iniciamos a subida cara Ao” Penedo do Galo” a 525 mts e dende onde apreciamos unha panorámica dá costa e do concello de xove, continuamos camiñando polos altos ata a Pena dá Leña onde iniciamos ou descenso cara a ou Pozo dá Ferida, desviámonos da pista e baixamos por un camiño deixando á dereita a antiga ferrería de “Ou Castro ” a ou final encóntrase a fervenza duns 25 metros de altura. A auga do pozo ten unha cor entre marrón e verde. Segundo di a lenda unha vella xigante cargada cun mangado de “mulime” caeu hai anos no pozo e nunca máis se puido levantar.
Logo de repoñer forzas, continuamos baixando cara a Chavín onde visitamos “O Avó” dos eucaliptos de Europa no “Souto dá Retorta” ás beiras do río Landro antes dá súa desembocadura en Viveiro. Este Monumento Nacional foi adquirido aos herdeiros de Industrias José Barro, creador desta paraxe polos ano 1880. E despois de Hidratarse volta para As Pontes.

Podense ver a fotos da saída no apartado de Fotos.

Cares – Covadonga

O club abre o prazo para anotarse a saída que ten programa para o vindeiro día 9 e 10 de Maio, co fin de facer as reservas oportunas nos hoteis e máis poder organizar a saída, en función dos anotados.

Dita saída consistirá en facer a ruta do Cares (dende Poncebos a Caín e regreso polo mesmo percorrido) o sábado. O domingo unha camiñanta curta polo redor dos lagos de Covadonga, entre outras actividades.

Só poderán asistir socios do club, esta saída ten prazas limitadas.

Mais información na propia entidade.

8 Andaina Bisbarra do Sar

Amig@s andareg@s:

Achegamonos a 8ª edición da Andaina Bisbarra do SAR e como sempre as TERRAS de IRIA e o río SAR volven a ser os protagonistas dun percorrido novamente modificado (18 Km inéditos) e dividido en 2 aneis, que se poderá facer de 2 modos: camiñando ou correndo. Mantemos os prezos de inscrición do derradeiro ano e ademais, co pulo de popularizar a proba, os menores de 15 anos que se anoten antes do 28 de Febreiro non terán que pagar. Esta organización e sabedora de que, afortunadamente, cada vez maís xente nova e polo tanto fisicamente mellor preparada, participa neste tipo de probas. Por iso ofertamos a posibilidade de facer o percorrido correndo - sin ningún tipo de retención-, pero imos ser moi estrictos cos participantes que troten ou corran na modalidade de “Camiñando”.

Queremos recordar que o próximo dia 20 finaliza o prazo para apuntarse a Padrón cun custo de 10 ou 13 euros de inscrición, a partir do devandito día o custo será de 17 euros para todos/as que desexen asistir, o que desexe pagar no club pódeo realizar o próximo martes 17 de marzo.

 

Sarria – Portomarin

Continuando coas camiñatas que organiza o club de Montaña O Caxado  o día 1/03/2015 o club organizou unha saída para facer un tramo do camiño de Santiago, concretamente o que descorre entre Sarria e portomarin, no medio duns días de espanto o tempo deu unha tregua os camiñantes, os cales puideron disfrutar dun día esplendio de calor para a época do ano na que nos atopamos. Desta volta o club logrou xuntar a 57 camiñantes os cales tomaban a saída en Sarria as 10:00h da maña para chegar a Portomarín as 15:00h despois de facer os 22km que separa estas duas localidades do camiño,  incluso moitos comer e tomar un refrixereo polo camiño. Compartir camiño cos poucos peregrinos que estaban a facer o camiño.