Arquivos mensuais: Febreiro 2015

Escalada en rocodromo

Este sábado día 21 de Febreiro faremos unhas xornadas no rocodromo da Malata, todos/as aqueles que desexen asistir poden anotarse no club. A actividade será o longo de todo o día en horario de mañá 10.00h ata 13:00h e pola tarde de 16:00h ata 20:00h. teremos monitores para todos/as que desexen pasarse polo rocodromo a probar unha experiencia nova. Coñecer o material para a actividade e tomar contacto cunha instalación artificial.

Pode asistir calqueira que sexa socio do club se fose un menor de idade terá que ir acompañado do pai ou nai ou tutor.

NECESARIO ANOTARSE ANTES.

CAMIÑO DE SANTIAGO

O próximo día 1 de Marzo imos facer a etapa 28 do camiño de Santiago (camiño Francés dende Sarria a Portomarín).

Prazas limitadas: por orde de inscrición

Preferencia: @s soci@s do club.

Distancia: 22km, transcurren por bo terreno.

Actividade gratuita para soci@s.  Non soci@s deben aboar a cantidade de 10€.

Ultimo día para anotarse 27 de Febreiro.

Para anotarse poden achegarse a oficina que o club ten no hexágono ou poñerse en contacto por correo ou teléfono.

 

 

Carreiras por montaña

O club de montaña O Caxado está a tentar facer un grupo de socios para participar nos trail de montaña espallados pola xeografia galega, arredores e tamén nas carreiras de montaña que promove a federación Galega en conxunto coa FEDME. Todos aqueles interesados/as en integrarse no grupo poden poñerse en contacto co club para solicitar mais información.

Saída 8 de Febreiro

        Este domingo tiñamos programado unha ruta polas Fervenzas de Somede, a causa do mal estado dos

camiños pospuñemola ata que sexa factible pasar por eles.

A cambio realizamos unha andaina polos arredores do pobo, partindo do polideportivo, na Rúa Meidelo

collemos o camiño Anguieiros cara a Pontoibo seguimos subindo cara aos Montes de San Vicenzo e á altura

dá Pena dá Besta iniciamos o descensoata cruzar a estrada de Ortigueira polo lugar da Lugareta continuamos

cara ao monte Do Marañeiro de aquí baixamos ata o rego dá Pedra, onde percorremos un tramo por ambas

as dúas marxes e por último para completar a volta ao Pobo, saímos ao Rego do muiño pegados ao peche da

antiga Enfersa e de aquí pola Vila rematamos esta Andaina na Fraga. En fin unha andaina de 16 km con

bo tempo, boa compañía e a tempo de comer na casa.

Calendario

publicidad cartel grande