Arquivos mensuais: Novembro 2014

Ruta da Marronda

O pasado domingo día 19 uns 30 camiñantes participaron na saída que o club organizaou por terras de Baleira, concretamente para percorrer a PR-G 152. Unha ruta fermosa en todo o seu percorrido, pero dunha esixencia media alta dende o comezo ata o final.
Facendo unha parada para visitar a area recreativa de cortovella, dita area encontrase case no medio do percorrido, e dende o fermoso mirador poder contemplar as loucuras que as administracións fan nos montes (desta volta vemos un ascensor no medio do monte). tamén contemplamos unha estatua que vixia dende o alto da rocha custodiada polo seu fiel compañeiro, (o can).
Fixemos unha parada técnica para repoñer forzas, e a camiñar de novo río arriba ata chegar o autobús que nos trouxo de volta a casa.
Xa estamos a traballar na seguinte para desfrute de todos, esta será polas Fragas do Eume.

Deporte na rúa

O pasado día 13 de outubro celebrouse no noso pobo o día do deporte na rúa, diversas entidades fixeron durante todo o día actividades na zona do canal IV, para que todos os nenos/as que puidesen disfrutar do seu deporte favorito. Contouse con varias exhibicións por parte de varios clubes.
O Clube de Montaña O Caxado nesta ocasión contou cunha gran estructura de ferro para poder montar a sua actividade, este ano consistia nunha pequena vía de escalada para subir a uns 8 metros de altura, a continuación os rapaces tiñan que pasar por unha ponte tivetana, para finalmente voltar a terra firme deslizandose por unha tirolina de 45m de lonxitude.
Deporte na rúa
Deporte na rua